Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O éxito das persoas loitadoras

jueves, 12 de abril de 2018
Nesta época que nos toca vivir, oímos queixas por todas partes:
-Xoves que queren realizarse no mundo laboral e non encontran a fórmula axeitada.
-Pensionistas que cobran pensións dignas, outros que cobran moi pouco, outros que cobran a non contributiva…
-Gobernantes que non dan gobernado e outros que teñen a fórmula máxica para todo.
-Manifestacións por aquí, manifestacións por alí e manifestacións por acolá

Uns casos con máis xustificación, outros con menos, outros con ningunha…
Son moitos os que intentan “sacar tallada”
Uns con razón e outros sen ela.
Xa se sabe:
“A río revolto, ganancia de pescadores”

¿CANDO NOS TOMAREMOS A VIDA COA SERIEDADE QUE SE MERECE?
Que todos necesitamos un posto de traballo é ben certo.
Que todos fagamos o esforzo necesario para conseguir ese posto desexado, xa non é tan certo.
Que hai xoves que teñen traballo a tope e outros que non, tamén é verdade.
¿Por qué algúns teñen traballo “a botar polos ollos”?
¿Será porque teñen sorte?

Certamente, a sorte sempre é un factor a ter en conta.
¿Será porque pertencen a familias con influencia?
Pode haber algún, pero a maioría…

A maioría teñen traballo porque:
-Son bos profesionais.
-Son moi sacrificados.
-Son moi responsables.
-Non regatean esforzos.
-PORQUE SON LOITADORES NATOS.

¿POR QUE HAI PENSIONISTAS QUE SE DEFENDEN BEN E OUTROS NON?
Os que se defenden ben é porque cotizaron ben.
¿Por que cotizaron ben?
-Porque dedicaron unha boa parte da súa xuventude preparándose concienzudamente para ocupar un posto con moita responsabilidade.
-Porque prestaron moitos anos de servizo á comunidade.
-Porque desempeñaron postos ós que non todo o mundo pode acceder por falta de preparación.

Todos sabemos que non tódolos traballos esixen o mesmo nivel de preparación ni a mesma responsabilidade aínda que esta sexa condición necesaria en tódolos casos.
PORQUE FORON PERSOAS LOITADORAS Ó LONGO DE TODA A VIDA LABORAL.

Os que van moi xustos ou non se defenden, pode ser por varios motivos:
-Porque cotizaron pouco tempo e compartiron o seu tempo con outro tipo de actividades
-Porque a súa cotización foi a mínima e de donde non hai, non se pode sacar.
-Ou porque non cotizaron e dedicáronse a outros menesteres.
-E tamén se teñen dado casos dalgún empresario “aproveitado” que os tiña traballando en situación ilegal.

CERTO QUE TODOS NECESITAMOS VIVIR E TER UNHA PENSIÓN ACEPTABLE Á HORA DA NOSA ANCIANIDADE.
Pero…
-Nin todos cotizamos o mesmo tempo.
-Nin todos cotizamos a mesma cuantía.
¿Sería xusto que cobrara igual o que cotizou dez anos que o que cotizou corenta?
¿Ou o que cotizou catrocentos euros/mes que o que cotizou cen?
Non. Claro que non.

En condicións normais, cadaquén deber cobrar conforme ó tempo que cotizou e á cuantía que cotizou (Cargos políticos a parte, eses ríxense por outras normas que eles mesmos confeccionaron anteriormente…)

¿POR QUÉ OS GOBERNATES NON DAN GOBERNADO E OS DA OPOSICIÓN TEÑEN SEMPRE A FÓRMULA MÁXICA DEBAIXO DA SOLAPA?
Aquí tamén habería moita tea para cortar:

Dentro dos gobernantes hainos moi eficientes e outros que estarían mellor noutro posto.
Hai gobernantes moi honrados e outros “sen escrúpulos” como pasa en tódolos colectivos da vida.
O labor que fan os bos case non se nota; pero o que fan os malos…
Os que lles toca gobernar, teñen que loitar contra vento e marea.
Os que están na oposición, tócalles “opoñerse” e canto máis, mellor.
Unha persoa pode facer cen cousas boas e non ser aplaudida porque fai o que debe; pero como faga unha mal…xa a ten clara.

E se esa persoa é un gobernante; chóvelle polos catros costados.
Gobernar debe ser unha cousa moi difícil, porque a min xa me da traballo abondo con gobernar máis ou menos ben a miña propia vida.

¿POR QUE A OPOSICIÓN, sexa esta do partidpo que sexa, SEMPRE TEN A FÓRMULA MÁXICA PARA TODO?
-Porque, entre outras razóns máis ou menos obxectivas, INTENTA POLOS MEDIOS QUE SEXA, INSTALARSE NO PODER.
Porque o poder é os cartos teñen moitos pretendentes.

“O PODER E OS CARTOS TEÑEN MOITOS PRETENDENTES”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES