Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: "A Pena Redonda"

sábado, 08 de septiembre de 2007
Galiza enteira ven de peregrinar dos centos de santuarios dedicados á Nosa Señora,
no día da Natividade. De Ribadeo á Guarda e de Mazaricos ó Cebreiro a maioría das
nosas montañas están sementadas de igrexas e capelas a onde ruben, cada ano, por estas datas, milleiros de galegas e de galegos para vivir unha tradición de séculos.

Na diocese de Lugo, ademais das do Cebreiro e O Faro, hai moitas máis. Hoxe (2º
domingo de setembro) celébrase a da Pena Redonda, en Paradela. Desde hai tres séculos. A súa capela está preto do Camiño, nas faldras da Trapa, á beira do Miño e ao carón da igrexa de San Facundo de Ribas de Miño. Monxes do Priorado espallaron a devoción.

Ademais do que se conta nos libros da Confraría da N. Sra. do Rosario, hai datos dos
arranxos e melloras feitas na súa capela nos anos 1605, 1709, 1804, 1933 e 2005.
Tradición que tratan de manter, con fidelidade, devotos das parroquias de San
Facundo, San Martiño, Castro, San Vicente, Santa Eulalia e Aldosende.

Unha curiosa lenda di que "á mañá cedo e á noitiña, antes de se iren durmir, saúdanse as tres irmás" (Cebreiro, Faro e Pena Redonda) Nalgunhas parroquias inclúen a Santa María de Castelo (Taboada) que avisa a todos os devotos da Zona coas súas fachas acesas o ante día.

Un costume, que lembramos os veciños da Zona, consistía en "sacar" en procesión a
imaxe da Virxe (da parroquia á igrexa e/ou viceversa) cando facía falla auga (seca)
ou tamén cando sobraba, para que parase. A fe da nosa xente moveu e segue a mover montañas. Os feitos acreditan que o sistema funcionou. Hoxe en día, ao mellor, o que falla é a fe.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES