Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Volver empezar

miércoles, 05 de septiembre de 2007
Chegou setembro, disfrazado con dous festivos ó comezo, e revestido dunhas temperaturas que sen dúbida xullo e agosto envexarían, pero xa non ten remedio.

Chegou setembro, como unha volta á realidade, pasado o espellismo do verán, superadas as ledicias económicas das xornadas festivas, e neso estamos.

Hai quen supón que agora é verdadeiramente cando o aninovo comeza e non o primeiro de xaneiro, porque o rompemento que agora se produce entre a vida do lecer e a do traballo é moito máis fondo e drástico ca o que se produce nesa nebulosa festiva que vai entre Nadal e Reis.

Como todo se estudia, tamén o tema da volta ó traballo é obxecto dun estudio na Universidade San Pablo Ceu, onde teñen comprobado que o estrés postvacacional afecta de xeito especial ós que realizan tarefas administrativas, ás mulleres máis ca ós homes… E neso estamos tamén.

Virá moi axiña un outono quente polas hipotecas, polos colexios, polos carburantes, polos postos de traballo… Ou sexa: volta á dura realidade que só conseguimos esquecer -se é que o conseguimos- durante estes meses irreais onde algunhas veces coidamos que todo é posible.

Que nos sexa leve!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES