Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lou

miércoles, 04 de abril de 2018
Unha curta de Pixar amósanos a eficacia do método socioafectivo que vén a dicir que para educar e asegurar a transmisión do coñecemento hai que intentar que o educando sinta o que se lle quere inculcar. Entón, cada valor materialízase en feitos e ten un porque sustentado nunha realidade que sen dúbida esta modificando. Deste xeito, para entender a utilidade da empatía hai que poñerse en situacións que sen ela transcurrirían de xeito radicalmente distinto.

Nesta curta os efectos do bullying vólvense en contra do acosador polo que a min me lembrou ao método citado, sobre o que vivín unha experiencia nun taller de educación emocional. Neste contexto o profesor Carlos Hué pediu unha voluntaria á que lle tiñamos que tirar papeis. Logo fíxonos ver que o que alí eran papeis noutras partes do mundo eran pedras contra a dignidade persoal. Noutra actividade mandounos poñer a todos en fila e elixiu a dous alumnos ao azar e mandounos ao fondo da clase, nunha decisión claramente arbitraria.

Deixounos sobre cinco minutos totalmente desatendidos e despois deste tempo preguntoulles con voz empática e agarimosa como se sentían. A resposta é evidente pero Hué foi máis alá da resposta: o que estaban experimentando neses cinco minutos era a exclusión social reducida a un ámbito experimental. De aquí todos tivemos que extrapolar, saír fora e ver persoas para as que eses cinco minutos son vintecatro horas que se suman ata construír o todo dunha vida.

Lou lévanos de novo a visualizar un tema que hoxe é máis grave que daquela, un tema que supuxo o suicidio de moitos adolescentes. O bullying é unha forma de violencia cuberta de un cúmulo de prexuízos que afectan directamente á forma de ser e estar das persoas. Nesa forma de ser reside a liberdade que a persoa ten ou deixa de ter. Polo tanto, o bullying é incompatible coa idea de democracia. Ademais disto prodúcese nun entorno educativo que teóricamente está formando persoas para convivir no seo da sociedade. Entón, temos que afrontar o problema dun modo social e interdisciplinar que implique a toda a cidadanía. O bullying, como tantas outras cousas, pódelle pasar a calquera en calquer ámbito e temos que responder ante el coa dureza contundente ao acosador e con agarimo imprescindible ao acosado.

Tamén, temos que ser conscientes de que na nosa man está a mellor arma preventiva: a educación, una educación socioafectiva que faga sentir os valores para fundamentalos a xeito de alicerces nas conciencias do mañá, un mañá libre, diverso, respetuoso,dialóxico e democrático.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES