Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O entorno forma parte de nós

jueves, 15 de marzo de 2018
Aínda que todos sexamos humanos, non temos a mesma fisonomía os de Europa que os de Asia ou que os do centro de África, por exemplo.
Tampouco temos a mesma lingua, nin os mesmos costumes, nin a mesma gatronomía.
Somos diferentes.
¿Por qué?
Porque o entorno forma parte de nós.
-Nas zonas de clima frío, adoitan te-la pel máis branca que nas zonas cálidas.
-Nos lugares de clima cálido comen cousas máis frescas que onde o clima é máis frío.

No tocante ós costumes, pasa o mesmo:
-Os habitantes das grandes urbes sempre teñen présa e os do medio rural levan a vida con máis calma.
-No medio urbano hai máis delincuencia que no medio rural.
O entorno inflúe moito no noso xeito de vida.

¿E as persoas?
¿COMO INFLUEN EN NÓS AS PERSOAS QUE NOS RODEAN?
Poñamos por caso o nacemento dunha criatura:
-Se nace nunha familia con bos principios, é moi probalbe que chegue a ser unha persoa con eses valores.
-Se nace nunha familia dunha determinada ideoloxía polítca, é moi problable que siga a rota dos seus ancestros.
-Se lle dámos unha boa formación integral, será unha persoa íntegra.
-Se a rodeamos de boas amigos, irá por bo camiño; en caso contrario pode botarse a perder.
-Se a súa familia é unha familia en toda regra, esta criatura será unha persoa en toda regra.

Agora ben:
¿EN QUE AMBIENTE MEDRAN A MAIORÍA DOS NOSOS NENOS E NENAS HOXE EN DÍA?
¿Pertencen a familias ben estructuradas formadas por una pai e unha nai cos papeis en regra, cuns principios morais e relixiosos e con responsabilidade familiar?
-Cónstame que hai moitas familias estupendas que se coidan moito de darlles un bo ambiente ós seus descendentes.
-Cónstame que hai moitas familias que son un bo exemplo para os seus descendentes.

Pero tamén vexo outras que:
-O pai vai por un lado e a nai vai por outro.
-O pai dá mal exemplo e a nai tamén.
-Pais de familia que abandoan a primera familia para formaren outra, quedando as criaturas en “terra de nadie”: hoxe aquí, maná alí…
-Pais e nais que mandan os nenos á escola porque é obrigatorio, pero hai ocasións nas que nin siquiera saben en que curso van.
-Pais e nais, en teoría católicos, que pisan a igrexa o día do casamento, o do bautizo e despois…..o día do enterro.
-Pais “católicos” que non acompañan ós seus nenos á igrexa. Confórmanse con que a nai vai con eles.
Neste caso, igual que noutros moitos, as nais sempre están aí.
Certo que “UNHA NAI É UNHA NAI”.
Pero …
¿SER PAI NON IMPLICA A MESMA RESPONSABILIDADE?
¿Pensamos que os nosos nenos van facer o que nós lles mandemos se non predicamos co exemplo?
Si xa…
”FAI O QUE EU CHE MANDO E NON FAGAS O QUE EU FAGO”
Os nenos son moi listos, saben perfectamente cando se lles intenta enganar.
Quen pretenda enganar a unha criatura, engánase a si mesmo.
OS EXEMPLOS ARRASTRAN, AS PALABRAS VOAN.

A xeración adulta do presente é o que viu no pasado e os nenos de agora serán o que ven no presente.

Moito me temo que vendo unha sociedade tan variopinta como ven, vai haber moitos casos que van ter moi difícil facer unha descriminación positiva para construí-lo seu futuro.
Se vemos o que xa se está vendo nos medios de comunicación social: abusos, asasinatos e cousas polo estilo, non debemos escandalizarnos.
Os nosos nenos son froito do entorno que nós mesmos lles propiciamos.
“O VALOR DUNHA CRIATURIÑA”
Este será o título do seguinte artigo.
Como me consta que vostede é unha desas persoas afortunadas que foi criada nun bo entorno, confío na súa contribución para crear un entorno feliz ós que nos sucedan.
Moitas grazas.
A
A


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES