Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: Festas no Camiño

sábado, 25 de agosto de 2007
Despois do listado de festas dedicadas a Santa María no Camiño de fai uns días, velaí as do último domingo de agosto. Son as de Ferreiros de Mirallos e a dos Miragres de San Martiño, no concello de Paradela e vencelladas ao Camiño Francés e á Encomenda de Portomarín.

En Santa María de Ferreiros (alusión ao gremio encargado de amañar calzados e trebellos de ferro de cabalos e cabaleiros) queda aínda a igrexa románica (XII), trasladada a Mirallos. Agora hai un pequeno albergue de peregrinos chantado nunha grande e fermosa carballeira, onde se celebraron grandes festas ao correr dos séculos e seguen.na actualidade..

En San Martiño de Castro (igrexa do XIX, construída sobre outra primitiva e as dúas sobre un castro celta romanizado) celebran a Festa dedicada á “Madre de Deus dos Milagres”, preciosa imaxe adquirida polo pobo no ano 1896 e situada nun fermoso baldaquino feito de pedra. Tivo unha Confraría fundada polo crego D. José Varela López, nativo de Cabodevila.

A devoción popular mantense firme xa que en ámbalas dúas parroquias retornan, cada ano, por estas datas, os emigrantes forzosos do grande e último éxodo (anos 50/60) cos seus fillos.

Nesta etapa do Camiño Francés (Sarria/Portomarín) peregrinos e veciños poden gozar (pola mañá) dunha malla tradicional en Barbadelo (igrexa do XII) e da última sesión dos domingos folclóricos de Portomarín (igrexas fortaleza de San Xoán e San Pedro (séculos XII e XIII).
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O rendible é intermediar: Os productos do campo son básicos na alimentación das xentes e o ideal sería...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información