Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Controlar o incontrolable

jueves, 23 de agosto de 2007
Xa se ten plantexado con anterioridade a pretensión de que Galicia asuma as competencias do tráfico, para poñer remedio á sangría das nosas estradas, da que é exemplo tráxico e perfecto este mes de agosto.

Que o problema se goberne desde Madrid de xeito global para toda España ou desde Santiago para Galicia, posiblemente nn teña significación especial, aínda que sempre nos parecerá ben todo o que redunde nunha decisión máis directa, cercana e con coñecemento propio dos problemas que son nosos, aínda que se asemellen como gotas de auga ós de outras comunidades.

A Conselleira de Política Territorial ven de facer público que a Xunta reclama do Goberno central que incorpore cento setenta e cinco axentes máis para solucionar o problema da circulación das nosas estradas, para chegar en 2008 a mil cincuenta axentes.

Posiblemente sexa un factor esencial o aumento das dotacións de axentes de tráfico, xa que a crenza popular é de que se houbese un garda civil cada quilómetro de estrada non habería un só accidente de tráfico porque todos cumpririamos á perfección a legalidade vixente no tráfico rodado.

Pero a petición que agora se efectua, visto o estado actual, o goteo de mortos, as toleadas dalgúns conductores, as velocidades irresponsables, parece que só é unha petición de máis axentes para controlar o incontrolable.

Antes culpábase dos mortos ó mal estado das estradas e a vellez dos vehíuculos. Superados estes dous aspectos, o problema agora é basicamente humano. E mentras non se resolva - o remedio, é a educación- nin todos os policías do mundo serán abondos para evitar o diario goteo de mortos nas estradas galegas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES