Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A devoción popular ao S. Adrián (4)

jueves, 15 de febrero de 2018
3. O San Adrián e o San Xiao de Carballido, Pacios (Begonte).
A capela encontrase no lugar de Carballido, parroquia de Pacios, pertencente dende o punto de vista eclesiástico ao arciprestado de Begonte e á diócese de Mondoñedo- O Ferrol, e dende o civil ao concello de Begonte e á provincia de Lugo.

3.1. Trazos históricos e artísticos sobre o Santuario
O recinto sagrado constitúe unha construcción rústica de pedra, pequena, que posúe unha cuberta a dúas augas. No seu interior hai un pequeño retábulo de madeira con dúas tallas que representan ao San Adrián e ao A devoción popular ao S. Adrián (4)San Xiao. Ao seu carón, encontramos unha talla de madeira, que simboliza á Virxe da Ascensión.

Ademais, este santuario ten unha campá que foi traída dunha antiga capela do lugar de Vilaflores (Baamonde). Ésta, segundo veciños do lugar de Carballido, serve para alonxar as treboadas, sempre que se toque cando aínda non comezara a chover.

Por outra banda, sobre a orixe desta capela encontramos a seguinte lenda:
“Hai moitos anos, nunha campa de Carballido, aparecéronse ao mencer as imaxes do San Adrián e San Xiao, que pertencían a unha capela, situada no vilar, que leva por nome San Julián, distante un km. e medio da devandita campa. Os veciños do lugar, perante este suceso, decidiron construír a nova capela no lugar de aparición das referidas imaxes” (1).

Non embargantes, a motivación específica do cambio debeuse a que os campos existentes ao carón da antiga capela, quedaban nun estado calamitoso logo de celebrarse a festa. Isto deu lugar a que os propietarios das terras colindantes coa capela -Antón de María do lugar de Rañal (Pacios), a familia de Campos- decidisen provocar o traslado por medio da artimaña xa descrita. Por outra banda, tanto na antiga capela como na actual houbo un mordomo ata finais do primeiro cuarto do século XX; este encargabase de recadar as esmolas coas que se sufragan os gastos relixiosos e profanos da devandita capela: o 7 de Xaneiro, na honra do San Xiao; e o xoves da Ascensión, na honra da Virxe da Ascensión?, advocació mariana comprada pola “Casa de Villegas” (Carballido) (Pacios).

3.2. Motivacións. Rituais. Ofrendas.
A festividade neste santuario celebrábase o domingo da Ascensión. Acodían devotos do concello de Begonte e doutros concellos da Terra Chá, como Guitiriz, Outeiro de Rei, Vilalba, e de Lugo capital (2). Éstes veñen a pregar ó santo ou darlle as grazas por pedimentos ligados con dores de cabeza e das extremidades inferiores, bocio, vultos, e algo por doenzas de animais, como, cochos e vacas. Isto leválles a realizar unha serie de promesas: Así, oen a misa solemne da unha da tarde. Participan na procesión, acompañando ás imaxes sacras, levadas nas andas por fregueses da parroquia. Poñen o santo do mesmo xeito que en Fitoiro (Bretoña) e en Terrío (Goiriz); non embargantes hai pequenas diferencias con respecto as xaculatorias, que empregaron os poñentes dende hai anos.

"San Julián / San Adrián bendito / che dea a sanidade /
e che quite a enfermedad/ polo poder que Dios ten. Amén".

"Dios te conceda por medio de San Adrián /San Julián /
todo lo que le pidas.
En el nombre del Padre, del Hijo y del Espíritu Santo. Amén".


Realizan o ritual “do coitelo do S. Adrián”, que é semellante aos dos outros dous santuarios. En canto a esta práctica ritual é mester facer mención a Manolo Rodríguez Ferreiro, que era o que construía antano “os coitelos de madeira”.

Ademáis levan a cabo dous rituais propios deste espazo sagrado:
Así, introducen as súas cabezas nunha ventá cega, existente no interior do santuario, como medida profiláctica e curativa perante as doenzas de cabeza. Asi mesmo, meten os seus pés nun oco situado no chan, delimitado por dúas lousas, como medida precautoria e curativa perante as doenzas reumáticas e varicosas das extremidades inferiores.
Por outra banda, ofrecen algúns velóns, e esmola en metálico.

4. Consideracións sobre estes Santuarios
O territorio de gracia destes santuarios non é homoxeneo. Iste feito queda reflectido en que a afluencia de devotos aos santuarios de Carballido (Pacios) e Fitoiro (Bretoña) diminuiu nos últimos anos, debido, entre outras razóns, a que só se celebra unha misa a comezos da tarde. Pola contra, vinte anos que xurdiu a “Asociación de romeiros do S. Adrián de Goiriz” que comezou a fomentar a romaxe deste santo por toda a bisbarra. Nestes recintos sacros hai unha serie de rituais de contacto, como “poñer o Santo” e pasar as mans e panos polas imaxes de devoción. Por medio desas prácticas os devotos confian en sandar as súas doenzas ao establecer unha importante relación comunicativa, baseada en signos lingüísticos e somáticos encaminados a acadar un efecto benéfico.

Ademáis tamén se emprega o “ritual do coitelo do San Adrián”, mediante o que se tentan curar algunhas doenzas humanas. Isto é debido á crenza de que o coitelo no seu contacto coa imaxe de devoción queda sacralizado A devoción popular ao S. Adrián (4)e, deste xeito, os devotos poden curar as súas doenzas por medio do seu corte simbólico.

Así mesmo, non só as imaxes dos santos serven para curar no seu contacto cos devotos, senón que tanto no interior dos santuarios como no seu exterior hai outros elementos, como ventás cegas, ocos -Santuario de Carballido- e fontes , sobre os que o santo proiecta a súa sacralidade, ás veces sen saír ó exterior. Así, no santuario de Goiriz, lévase a cabo o “ritual da fonte” que, como dixemos, consta de dúas prácticas rituais, xa anteriormente descritas.

Pois ben, na primeira parte deste ritual existe a convicción de que axiña que os panos vaian podrecendo as doenzas das persoas irán desaparecendo. Con este ritual o que se está levando a cabo é imitar dun xeito deliberado aquilo que se pretende acadar. É frecuente, segundo Frazer, que os ritos consistan nunha imitación dos efectos que se desexan producir.

Na segunda parte, estamos a referir a un ritual adivinatorio, de “carácter higromántico”, con semellanzas importantes ao existente en San Andres de Teixido, A Régoa (Cedeira).

Por outra banda, a dimensión sacra transmitese ao exterior dunha maneira directa por medio da procesión. Así, as imaxes que saen na mesma santifican o espacio, que percorren proporcionando unha enerxía positiva a tódolos seres, que se encontran no mesmo. Respecto a disposición da procesión Álvarez Gastón distingue unha serie de trazos: trátase de manifestacións máis multitudinarias non só polos participantes activos senón tamén polos espectadores. Ademais é mester reparar no xeito de levar as imaxes de devoción, no pobo que toma parte e no que mira, así como no espírito da celebración reflectido en cantos, rezos e mesmo no silencio.

Finalmente, a paulatina desagrarización destas comunidades, fenómeno que podemos traspolar a case toda Galicia, vai levando paseniño ao abandono dunha devoción relacionada cun tipo concreto de sociedade. Non embargantes, sempre seguirá habendo pervivencias deste tipo de relixiosidade dende o intre en que as doenzas coas que se acode aos recintos sacros teñen un carácter xeral, e, ademais, a tecnoloxía médica aínda non é capaz de solucionar todolos males.


NOTAS:
1. BLANCO PRADO, J.M.: Exvotos e Rituais nos Santuarios Lucenses, Lugo: Deputación Provincial, 1996.
2. Hoxe o “territorio de gracia”, quedou restrinxido ás parroquias de bisbarra.


BIBLIOGRAFÍA
ÁLVAREZ GASTÓN, Rosendo. La religión del pueblo. Defensa de sus valores. Madrid: B.A.C, 1976, páxs. 91-92.
BLANCO PRADO, J.M: Religiosidad popular en el municipio de Begonte, Lugo: Deputación provincial, 1991, páx.70
BLANCO PRADO, J.M.: Exvotos e Rituais nos Santuarios Lucenses, Lugo: Deputación Provincial, 1996.
BLANCO PRADO, J.M.: “ A Recuperación da Romaxe do San Adrián de Goiriz (Vilalba) (Lugo)”, en Boletín do Museo Provincial de Lugo. T.IX. Lugo, 2000, páx.26-49.
BLANCO PRADO, J.M. e PERNAS BERMÚDEZ, Carmen: “I. Introducción: As romarías e o seu significado” (Os santuarios do concello de A Pastoriza (Lugo), en Rev. Croa, nº 12, Asociación Amigos do Castro de Viladonga. Castro de Rei .Lugo. Referencia de: Carme Pernas Bermúdez, 2002, páxs. 69-91.
Equipo “Ir Indo”: Guzmán Lópèz, Cristina; Iglesias Pérez, Montserrat; Miramontes Carballada, Ángel e outros.: Galicia en Comarcas. Terra Chá e Meira, Vigo: Ed. “Ir Indo”, 2005, páx. 23.
FERNÁNDEZ DE ROTA, J.A: Antropología de un viejo paisaje gallego. Centro de Investigaciones Sociológicas. Madrid: Ed. S. XXI, 1984, pax. 259.
FIGUEROA PAZ, Antonio V.: Experto en Sistemas de Información Xeográfica (SIX). Autor do mapa do presente traballo.
FRAZER, J.G.: La Rama Dorada, México: Fondo de Cultura Económica, 1969.
GARCÍA Y GARCÍA, Antonio.: Historia de Bretoña, Lugo: Deputación Provincial, 2000, páxs. 72-78
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: Guia de festas populares de Galicia, Vigo: Galaxia, 1997.
LISÓN TOLOSANA, Carmelo: Invitación a la Antropología cultural de España. Madrid: Akal, 1980, páx. 93.
MALDONADO, Luís: “Los Santuarios en la religiosidad popular”, en Santuarios del P. Vasco y Religiosidad popular. II Semana de Estudios de Hª Eclesiástica del P.Vasco, Vitoria, 1982, páx. 70.
MARIÑO FERRO, Xosé Ramón. Las Romerías/Peregrinaciones y sus símbolos, Vigo: Ed. Xerais de Galicia, 1987, páx. 272.
MARIÑO FERRO, X.Ramón.: Santuarios mágicos de Galicia, Vigo: Nigratrea, 2003.
MIGUÉLEZ DÍAZ, Xosé Antón: “ Relixiosidade popular galega. Aproximación e chamadas”, en Estudios Mindonienses. Anuario de Estudios Histórico-Teolóxicos de la Diócesis de Mondoñedo-El Ferrol. T.2, páx. 248.
PRAT I CAROS, Joan: “Los Santuarios Marianos en Cataluña: una aproximación desde la etnografía”, en La Religiosidad popular, III. Hermandades, Romerías, Santuarios. Anthropos, Barcelona, 1989, páx. 227.
RIELO CARBALLO, Nicanor.: Inventario Artístico de Lugo y Provincia. T.I, Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia, 1975, páx. 272.
SANTOS SAN CRISTÓBAL, Sebastián.: Inventario Artístico de Lugo y Provincia, T.III, Madrid: Ministerio de Cultura, 1980, páx. 211.
WILLIAM A. CHRISTIAN, Jr: Religiosidad popular. Estudio antropológico en un valle español. Madrid: Tecnos, 1978, páx. 126.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES