Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O XICO: 25 anos da súa morte

jueves, 01 de febrero de 2018
Onte, mércores, día 31 de xaneiro, cumpríronse 25 anos do pasamento do que acaso foi o focego mais popular de tódolos tempos: Lisardo Rivas, O Xico; histórico gardapraias, peza principal na soa e prestixo do areal da Rapadoira; porque a súa presenza permanente nel, e as atencións que dispensaba ós visitantes, en tempos de tan precarios medios de salvamento e socorrismo, él era unha garantía, cando nas demais praias do litoral a penas se coidaba tal aspecto.

No libro “Foz, un lugar de ensueño”, do que é autor o que suscribe que, dous anos antes, publicara a editorial Everest, na súa prestixosa colección de Guías Turísticas; referido ó singular persoeiro, escribimos: “ Nació en Foz hace sesenta años. Es, puede decirse, un hijo del mar; su infancia, vivida en años de grandes hambres, fue mecida por los vaivenes de las lanchas en “a ribeira” y, el murmullo de las olas que morían a sus pies, enmacaron toda la sonoridad de sus vivencias infantiles; el sol, la lluvia y la brisa marina curtieron su piel, llegando a producirse una plena identificación entre el hombre y su medio natural. Familiarizado de siempre con el mar, su anatomía se desarrolló armónicamente como resultado del permanente ejercicio; el amplio tórax le otorga aspecto de avezado nadador. Paralelamente se formaba un alma ingenua y bondadosa y un corazón que desborda su amplia caja torácica. Es, en resumen, un tritón con alma de niño. Es Lisardo Rivas, el tan popular Xico; un hombre modesto, servicial, humilde que ha auxiliado a decenas de personas en trances difíciles y que cuenta con el afecto de cuantos le trataron, que son centenares…”.

Para o enterro, o cadaleito saíra da Casa do concello, cuberto pola primeira Bandeira Azul concedida a un areal da Mariña, en recoñecemento ao labor excepcional desenvolto por Lisardo, sen dúbida o maior artífice desde 1º galardón concedido á Praia da Rapadoira. O xentío, que agardaba para acompañalo ó seu derradeiro aposento, rendiulle emocionado homenaxe, cun afervoado aplauso. Vinte e cinco anos despois lembrámolo con agarimo.

Ricardo Cámara Lastra é o nome do debuxante, humorista e escritor que firma os seus traballos con pseudónimo de Sir Cámara: colaborador de numerosas publicacións escritas e espacios radiofónicos é, sen dúbida, un dos mais grandes; un clásico do humor que hai un tempo estivo de actualidade pola publicación do que era o seu octavo libro, titulado Homo Scrotalensis. Supervivente da lendaria La Codorniz, que se subtitulaba “La revista más audaz para el lector más inteligente”. Entre os seus grandes humoristas (Mingote, Chumy Chúmez, Forges, Kalicatres…) atopábase Sir Cámara, a quen, en Santiago, o entrevistara un xornal galego:

--- Siempre has tenido mucha relación con Galicia…
--- Siempre; desde muy pequeño. Me llevaron de chiquitín a Foz, y El Xico, entonces vigilante de la playa, me enseñó a nadar. Lo hizo de una forma muy natural. Me llevó en un patìn aguas a dentro, y allí me tiró al agua y me dijo, en gallego:”ahora vuelves..”. Creo que tiene un monumento en la playa A Rapadoira. Era todo un personaje. Alguien muy entrañable.”

Desta evidencia foi testemuña Sir Cámara…
Transcurridos 25 anos do seu pasamento, lembrámolo con agarimo.


(Suso Fernández é Fillo Predilecto e Cronista Oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES