Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Políticos noxentos

jueves, 01 de febrero de 2018
O Goberno anda nervioso. Non teñen cartos para pagar as pensións, os vellos estamos vivindo moitos anos e así neste país somos un estorbo. Queren que morramos antes.

Tranquilícense “señorías”, que se lles pon a cara moi fea. Estaban máis alegres cando tiñan no peto esas tarxetas sin fondo chamadas black. Compraban todos os caprichos innecesarios que querían mentras que nenos víctimas da crise non tiñan para almorzar, para ir a escola, ou morrendo nas pateras. Torcían a cara e para diante.

No ano 1957 unha ducia de ovos daba para pagar un mes de luz. Agora, como os expresidentes son como xerróns chinos, empréganos nas eléctricas. Pobriños, son “probes pensionistas”. Temos que pagar esa compensación polos favores recibidos, e o recibo da luz non se da pagado nin coa ducia de ovos nin co galiñeiro enteiro.

Aconsellan facer plans de pensións. Como se fai iso cobrando un salario de subsistencia? Nunca se veu ata agora que a xente que traballara estivera na miseria.

Son pensionista de 600 euros e teño 87 anos. Necesito axuda pois coa miña pensión estaría perdida se non tivera familia. Dame moita pena ver xente vivindo soa, sen calefacción, sen axuda. Xente que traballou toda a vida. Que non roubou como eles, ainda que os tempos fosen duros. Esta carta é para ós políticos que nos levaron á nefasta situación na que vivimos (moitos deles ainda gobernando). Quero dicirlles que coas súas miserias, prepotencia, mentiras e roubos acabaron destruindo a ilusión e o benestar de varias xeneracións. Arder indefinidamente no inferno sería pouco castigo para tanto mal que fixeron na nosa sociedade.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES