Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Grazas

lunes, 08 de enero de 2018
Grazas a Xermolos e a Irmandade Manuel Maria por terme distinguido como Chairego de Honra, e tamén de partillar este nomeamento con Xosé Quintas Canella, co que me xungue unha longa amizade.

Dende fai longo tempo coñecia a Terra Chá. O Valadouro é perto e tiñamos a vila de paso para ir a examinarnos no Instituto de Lugo, alo menos dúas viaxes por ano.

Pasado o tempo, e xa coa primeira filla duns tres anos, cara a Coruña reparamos no xardín ao pé da estrada nun busto dun home riba de unhas caixas de froita, aproximamos e vimos ao Fraga enriba de tal entarimado. O asunto foi viral para a pícara e sempre que pasábamos por Vilalba era de recibo mirar o home sobre as caixas de froita. Un dia, non estaba; mudara para un pé mais estable.

O pecunio do cantor.-

Aló polo ano 1966, contábame o Xavier Ribalta, residia en París o cantor Atahualpa Yupanqui e como todo artista de Paris que se estimase visitaba o café “La Coupole” polo que tamén pasaban Paco Ibañez, Xavier Ribalta e Luis Cilia, e un dia os tres atopan a Yupanqui no café e anúncianlle que van cantar nun barrio de París. Á volta do concerto pasan por A Coupole e Yupanqui agardaba novas e cóntanlle que todo fora moi ben, moita xente e moi entregada; e o vello Yupanqui pregunta: ¿ y ?, respostando outra vegada, todo moi ben, gran suceso, parabéns da xente... O vello Yupanqui volta -¿ y?, e volta dos cantores -¿ y que?... e o Yupanqui fregando o pulgar e o índice volta –y?.

O artista come e ten de mercar cordas.

A xeito

Era no mes de Agosto do ano 1975 e o cava Castelblanch patrocinaba un concerto no pavillon dos deportes da Coruña con atuación de Horacio Guarany, Alfredo Zitarrosa, José Meneses, Amancio Prada e Miro Casabella, o caso e que para facer publicidade mándanme a mín a Tve, que tiña o programa “Panorama de Galicia” que se emitía en direto ás 12h. presentado por Perfecto Conde.

Cheguei ao estudio e topei coa policía que me pediron o texto do cantable aludindo que Su Excencia ia mirar o programa. Eu cantei unha cantiga medieval e mira por onde, o Franco ia verme cantar o ano en que finou. Pola noite, no fin do concerto, Horacio Guarany coa súa melena e poncho despregado comenza “Si se calla el cantor…” e fixo caer o pavillón abaixo cos aprausos.

A xeito disto, nesa altura andábamos a artellar o que seria o Movimento Popular da Canción Galega, e eu recibín de dous membros unhas fortes críticas por ter intervido nise evento. Istes dous, despois, deixaron de cantar para só tocar, chegando incluso a intervir nun concerto no que presidian o Rei e a Raiña... ¡ pra que vexas¡.

Partillar

Con o Quintas teño unha longa amizade e polo que sinto moita ademiración, temos coincidido en moitas cantigas á hora de poner música e tenme pasado que ao escoitar a súa versión teña rachado a miña e cantar a súa.

Teño de dar as grazas a Xermolos e Irmandade Manuel Maria por terme distinguido e partillar con Xosé Quintas Canella o título de Chairego de Honra.

(Palabras de Miro Casabella en Vilalba no acto do seu nomeamento, xunto con Xosé Quintas Canella, como Chairegos de Honra)
Casabella, Miro
Casabella, Miro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES