Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Arco da Vella do Belén

sábado, 06 de enero de 2018
Quedarán atrás as neves, as saraibas, as xeadas e as tronadas, e logo das abondosas choivas sairá o sol e con él aparecerá ese fenómeno óptico e metereolóxico que é o arco da vella. En Begonte, no seu belén, tamén sae o arco da vella.

Fai varios siglos que Isaac Newton logrou demostrar coa axuda dun prisma que a luz branca do sol contén cores.....o que non podo saber, é se lle pareceron dabondo....a min faríanme falla moitas máis tonalidades....

No belén de Begonte, terían que existir máis cores no seu arco da vella e se mo permitides eu farei a miña persoal separación da luz nas cores que, para min o conforman :

Vermello: esta cor representa a vida e a paixón, é a cor do misterio. D. Xosé Domínguez Guizán representa a cor vermella neste singular belén. Artífice, creador do que a xente de Begonte fachendeamos a cotío: o noso belén.

Laranxa: refire enerxías positivas e brinda a alegría interior cando a precisamos. Quero facer mención especial aquí a Teté; falecida en plena xuventude; no ano 1991 en accidente de circulación, foi unha destacada colaboradora do belén dende nena. Co seu entusiasmo e alegría propio dos novos marchou unha muller que de seguro seguiría a ser peza clave no belén actual.

Amarelo: transmite sentimentos de alegría, fortuna e felicidade. Esta cor asignareilla a D. Xosé Manuel Carballo, tantas veces gañador dos certames de xornalismo do belén de Begonte, ao que sempre quixen vencer (Ilusa, nunca o conseguiche) e admirei non soamente polo seu bo facer coas letras senon tamén co teatro,coa maxia..... Cóntanme que ata o día anterior do seu pasamento estaba a organizar cousas, coma sempre facía. Este será o primeiro nadal no que non acudirá a Begonte, non acudirá en corpo pero ben seguro que a súa maxia, o seu ser, a súa ialma estará presente no belén....non sei se en forma de cor do arco da vella, se de figuriña do belén....pero de seguro que estará.

Azul: representa a calma, otorga tranquilidade e paz espiritual. Iso é o que fai D. Xesús Domínguez Guizán. Tantos anos adicados ao belén e sempre coa mesma serenidade, superando adversidades para que o belén non caia no esquecemento, para seguir dando vida ao proxecto que seu irmán escomenzou. E aí segue!!E que sexa por moitos anos.

Verde: é a cor da esperanza, do desexo dun novo e mellor mañá. De seguro que era o que Varela desexaba para o belén. Él foi quen coa destreza das súas mans construiu o que hoxe ollamos. Alma mater xunto con D. Xosé do que Begonte pode amosar.

Violeta: simboliza a paz, a búsqueda de equilibrio e armonía no que facemos. Creo que esta cor debe ser para Xulio Xiz. O xornalista,vencellado ao belén dende hai ben anos (eu nin existía) , segue a encargarse de que o belén de Begonte organice cada xaneiro os seus certames e de seguro que ben cousas máis. Transmisor da parte máis cultural, a xente de Begonte sábeo e agradécello.

Morado: representa as fantasías e os soños. Inevitablemente nesta cor teño que incluír a todas as persoas que non deixan que o belén de Begonte forme parte do pasado, que non quede decrépito, que non morra. E como se acabaron as cores do arco da vella (xa vos dixen ao principio que non me chegarían...) terán que compartir cor Ramiro Cruz, Jesús Veiga, Carlos Torres..... Grazas a eles cada nadal poden seguir acudindo a Begonte tódalas persoas que así o desexen para contemplar e sentir a mensaxe deste belén chairego.

Farían falla cores suaves,doces,rosiñas ou brancas para enumerar as mulleres do belén....ai! As mulleres sempre traballando....en primeiro ou en segundo plano....pero sempre traballando, aconsellando, facendo o que moitos non farían...Pilar, Maruja, a antes mencionada Teté.... cánto vos debe o belén!!!
Farían falla tamén cores vivas e cheas de forza para representar a Dionisio Varela que formou equipo xunto con D. Xosé e Varela nos primeiros anos do belén.....gustaríame ver as caras da xente cando ollaron un belén en movemento!

Anos despois sería José Antonio Abelleira quen se adicaría á parte eléctrica da montaxe do belén.

E hai máis....moitas máis cores e tonalidades que deron e dan vida a este pequeño recuncho que aflora cada mes de decembro. Farían falla moitos arcos da vella para nomearvos a todos!!!

Todas estas e moitas outras persoas fixeron e fan que o singular carro de cerna dura da Terrá Chá siga cantando e carretando muiñadas ... e iso esperamos todos, “per secula seculorum”.

PD: Adicado a todos os begonteses nados e de adopción que non deixades que se fale do belén de Begonte en tempos pretéritos.
Valle, Kenia
Valle, Kenia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES