Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Si se calla el cantor... (Homenaxe a Miro Casabella e Pepe Quintas Canella)

jueves, 04 de enero de 2018
Neste mesmo ano de 2017, a idade de 91 anos, deixaba este mundo, un dos grandes da cultura latinoamericana de nome Horacio Guaraní.

Unha das súas mellores cancións, que facía parte da banda sonora da película do mesmo título,“Si se calla el cantor”, e que foi grito de guerra nas voces dos máis grandes da canción sudamericana como Mercedes Sosa ou Facundo Cabral, váleme hoxe para encauzar esta breve pero sentida aportación aos actos que hoxe nos traen aquí.

“Si se calla el cantor, calla la vida
porque la vida, la vida misma es todo un canto...

Qué ha de ser de la vida si el que canta
No levanta su voz en las tribunas,
Por el que sufre, por el que no hay
Ninguna razón que lo condene a andar sin mantas.

Que se levanten todas las banderas
Cuando el cantor se plante con su grito
Que mil guitarras desangren en la noche
Una inmortal canción al infinito.

Si se calla el cantor, calla la vida”


Os dous cantores, Miro e Quintas, os dous amigos, os dous mestres, non de escola senón de xograr mestría, e dos que tanto aprendín, aos que tanto admirei, admiro e quero.

Pero, se hai algo que hoxe quero suliñar con orgullo destes dous cantores e malia
todo amigos, e non o digo por dicir, senón con moi mala intención, é que son duas persoas con maiúsculas, que levan toda a vida facendo país e levando no bico a canción liberadora e sementadora de solidariedade entre xentes que escoitamos xuntas o que coas suas voces nos transmiten.

Reivindican, denuncian, proclaman, transmiten, acompañan, desexan, protestan, berran, choran, rín, cantan e conseguen chegar aos corazóns dos escoitantes, sempre prestos a deixarnos levar pola melodía armada das súas cancións.

As palabras, qué importantes son as palabras, e no mundo da música, cómo se transmiten, qué forza cobran, cómo nos chegan ao corazón e cómo conseguen penetrarnos, estimularnos, facernos partícipes dos sentimentos humanos que nos achegan aos demáis.

A música é unha linguaxe máxica e universal pero só os cantores temos o privilexio de poder usar textos para acompañala, e só os cantores libres e comprometidos cos seus conxéneres, cós seus paisanos, có seu país, como eles dous, como Miro e Quintas, toman a iniciativa e non se desvían nunca na busca do obxectivo final.

Son moitas, demasiadas causas que parece que non rematan nunca e que de unhas veñen outras e que, de botar a vista atrás moitas veces temos a sensación de que se repiten cíclicamente.

Fai moitos anos pagabamos multas por atentar contra “la unidad de la patria” ou por cantar a poetas proscritos pola censura, mentres a outros autorizábaselles a cantar aos mesmos poetas.

Está claro que non é o mesmo un cantor, unha cantora, que outros ou que outras. O ollo avizor da censura, que hoxe toma outras formas, sabe moi ben con quen trata para garantirse, ata a banalización dos textos poéticos, pero... aí estades vós, Miro e Quintas, guerrilleiros da melodía, cantores, autores, músicos e persoas senlleiras, para manter viva a chama da esperanza, de que algún dia seremos quen de poder transmitir os nosos cantos sen censura algunha e nas mellores condicións, como merecemos como orgullosos cidadáns deste noso país, como transmisores da voz, da palabra dos poetas que fixeron as súas rimas coa intelixencia desperta de observar ao seu redor.

Moitas gracias compañeiros pola vosa entrega, por ser teimudos e agasallarnos o mellor das vosas artes, a vosa voz.
Pilocha
Pilocha


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES