Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Moitos fumes!

sábado, 28 de julio de 2007
DEMASIADOS!. En Santiago, nos camiños, nas zonas, nos medios. Na Xunta, na nova Deputacións, nos Concellos. Nos gobernos e na oposición. Mesmo na Igrexa. Segue a se vender fume ademais do que deixou o botafumeiro e os fogos do Apóstolo. ¡Máis caos e confusión!

Á hora da revisión (e/ou da resaca das festas), cremos que foron demasiadas as concentracións e desfiles. Antes, en e despois da festa do Apóstolo. En Santiago e no resto de Galicia. Os políticos, sempre omnipresentes. Algúns aparcaron os devezos e loitas locais para exhibir o seu pobre patriotismo e/ou o temporal galeguismo.

As rimbombantes declaracións “institucionais”, en fidelidade a un descoñecido patrón (¡a Santiago nin o citaron!) soan a cinismo. Tiraron foguetes invitando a celebrar “a Festa Grande, o Día de Galicia, da Patria Galega, apelando á historia”. Coa unidade como lema e faltando á verdade e ao respecto. E presumindo do fume ata das promesas incumpridas.

Con perdón, están na mesma liña do abafante programa da TVG “Gran Camiño” (insultante entroidada ó Camiño e aos peregrinos) copia doutro “irmán”, que non xustifica nin a boa intención de deixar o tabaco. Tentan de se facer donos do sagrado, feren sensibilidades, profanan e venden o Camiño.

O botafumeiro naceu para purificar os malos cheiros das vellas e grandes concentracións de vellos tempos. Un rico símbolo e unha chamada á Igrexa galega e aos seus gobernantes para asumir o reto/obxectivo de limpar a enorme cantidade de impurezas e inxustizas á hora do reparto equilibrado da riqueza e bens da Comunidade galega.

Os recentes paseos de gobernantes pola Montaña lucense (¡seguro que de boa fe!) tamén son fume. Está á vista.Todo se centra nun cativo amaño de estradas (algunhas feitas) e noutra montaxe de cursiños, dos que xa coñecemos o seu proceso e a súa dubidosa utilidade.¡Non máis fumes, por favor!.Somos persoas adultas. Non nenos/as.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O custo de ser vello: Andan os cataláns medio revoltos polo tema da financiación autonómica, loita...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información