Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quen tal dixo!

jueves, 21 de diciembre de 2017
-OS GALEGOS NON SOMOS PERFECTOS.
Está claro que non somos perfectos.
Non hai ninguén perfecto nin galego nin de ningún outro país do mundo mundial.

- GALICIA ARDE CON MOITA FRECUENCIA…
Desgraciadamente, si.
Un gran problema ó que non se lle albisca solución a curto prazo.
E non sei por que…

O que nos está pasando merece unha boa reflexión, que seguramente a estarán facendo as autoridades competentes.
O que temos que facer os cidadáns de a pé é concienciarnos de que somos uns privilexiados con ter unha nai natureza:

-Tan frondosa e abundante.

-Tan rica e variada

-Tan necesaria como a vida mesma.

Cando destruímos natureza, destruímonos a nós memos.
NÓS TAMÉN SOMOS NATUREZA.
NÓS TAMÉN FORMANOS PARTE DESE TODO UNIVERSAL.
PERO NÓS REPOBOARÉMOLA E VEREMOS A GALICIA FRONDOSA E ABONDOSA.

- A COSTA GALEGA SOFRE DUROS ATAQUES.
Os faros da Costa da Morte ven pasar centos de embarcacións tódolos días con todo tipo de mercadorías –algunhas moi perigosas- por diante dos seus ollos.

O fallo humano existe e a neglixencia, tamén; pero cabe esperar que aprendamos dos erros cometidos e que sexan cada vez menos tales fechorías.

As xentes da beira do mar seguen coidando con esmero a súa principal fonte de riqueza e…
GRAZAS A ELAS, PODEREMOS SEGUIR DISFRUTANDO DE TAN SABROSOS MANXARES E DE TAN FERMOSAS PAISAXES.
¡O mar dá vida!

-EN GALICIA DESCENDE A POBOACIÓN.
Tamén é verdade.
O crecemento demográfico non cobre as defuncións.
Noutros tempos tamén houbo rachas así e superáronse.
DESTA TAMÉN HABEMOS DE SAÍR PORQUE O POBO GALEGO SEMPRE SOUBO POÑER REMEDIO A TODO TIPO DE MALES AÍNDA QUE FORAN MAIORES.

-A GALICIA RURAL VAI DE “CAPA CAÍDA”.
Pois case que tamén…
Porque levamos moito tempo escapando do campo para a cidade.
Algún día comprenderemos:
-Que a paz da vida no rural non ten prezo.
-Que no rural descansan os nosos ancestros.
-Que a “familiaridade” que se vive no medio rural non hai cartos que a paguen.
-Que o rural non pode morrer.
E ALGÚN DÍA AS AUGAS VOLVERÁN ÓS SEUS CAUCES.

-A INDUSTRIA NAVAL LEVA MOITO TEMPO EN DECADENCIA…
Claro que sí, pero pouco a pouco van aparecendo outras alternativas.
O MUNDO ESTÁ EN CONSTANTE CAMBIO E O QUE HOXE PARECE IMPOSIBLE, CO TEMPO FAISE REALIDADE.

-O AVE PARECE QUE NON DÁ CHEGADO A GALICIA…
Aínda temos graves deficiencias na rede ferroviaria actual.
Pois, con relación á alta velocidade; a verdade é que a orografía non favorece, pero tampouco favorecía cando alguén pensou en unir Galicia coa Meseta cunha autovía atravesando Pedrafita do Cebreiro e enseguida se fixo realidade.
Hoxexa son tres as autovías que nos unen co resto de España.
¡Quen llelo diría ós nosos avós!

ANTES OU DESPOIS, O AVE, CHEGARÁ E TRANSFORMARÁ A VIDA DOS GALEGOS E DE CANTOS NOS QUEIRAN VISITAR.
Hai moitas persoas loitando incansablemente para que esto se faga realidade canto antes posible.
E FARASE. XA CASE ESTÁ FEITA.

Así poderíamos seguir cunha ringleira de situacións que precisan moita melloría.
Aínda que sexan moitas as dificultades coas que nos poidamos atopar;
superarémolas.

OS GALEGOS TEMOS MOITA CAPACIDADE DE SUPERACIÓN.
Non temos medo ó esforzo.
¡Quen tal dixo!
Os galegos somos teimudos e aquelo que se nos mete entre cella e cella…
¡Conseguímolo!

PARA ESO SE ESTÁ PREPARANDO CON MOITO EMPEÑO TANTA XENTE NOVA.
Xente nova, chea de vida.
Xente nova,chea de valor.
Xente nova, con moitas ganas.

XENTE NA QUE CONFIAMOS.
Este será o título do seguinte artigo porque onde haxa xente nova, nonhai llugar a dúbidas.

O futuro está nas súas mans.
Os que peiteamos canas, tamén estamos nas súas mans.
Mans fortes, vigorosas e garimosas...
¡Xuventude: divino tesouro!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES