Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Arredor do Nadal

miércoles, 20 de diciembre de 2017
Benvidos todos á edición XLVI de O Nadal en Begonte, que convirte ao noso concello chairego no punto centro do Nadal en Galicia, e no que agardamos de novo as pacíficas invasións que conflúen no barrio que os devanceiros bautizaron como Quitimil, dentro da capitalidade do concello, preto da igrexa parroquial e do colexio público.

Cada ano que pasa, afianzámonos no papel conseguido por este Centro Cultural de ser herdeiro dunha idea de fe con moi fondas raíces que medrou e enramou con forza en ponlas vizosas que nos falan de tradición, de sociedade, de cultura, de convivencia, de arte, de vida…

E ese afianzamento cristaliza en actividades, en irmandade, en atención especial a todos os que nos visitan, en fomentar a convivencia e potenciar o espíritu do Nadal, que se por natureza chama ás xentes de boa fe a celebrar a festa da vida, no noso caso convídanos ao esforzo por reforzar convivencias, vivencias do Nadal, experiencias vitais que nos van facendo medrar como crentes e como persoas.

No horizonte temos xa a cifra rotunda que acreditará que o Belén e as súas actividades complementarias cumprirá medio século. E aínda que pareza prematuro a estas alturas pensar en varios anos vista, contemplamos o futuro coa esperanza que da a firmeza da situación presente e a necesidade de planificar axeitadamente un tempo no que outras persoas, institucións e accións serán protagonistas, e ás que temos o deber de ir preparando e preparándonos para que esta idea –esta realidade- perviva despois de nós.

(Jesús Domínguez Guizán é Presidente do Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, entidade promotora do Belén Electrónico begontino)
Domínguez Guizán, Jesús
Domínguez Guizán, Jesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES