Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A lección do Belén de Begonte

martes, 19 de diciembre de 2017
A leccin do Beln de Begonte Había unha vez un neno que non tiña afección ao estudo e tampouco quería colaborar nas tarefas agropecuarias e domésticas do fogar.

Este rapaz vivía, xunto cos seus país e un dos avós, pois os outros xa morreran, nunha aldea pequerrecha da montaña luguesa. Os proxenitores estaban moi preocupados porque pasaban os anos e o mozo medraba físicamente pero non estudaba nin se preparaba no dominio dalgún traballo ou oficio.

Un día o avó díxolle á súa filla:

“Neste Nadal imos acadar que Manoliño, este era o nome do rapaz, sexa, para sempre, un home feito e dereito”.

A filla quedou abraiada pois pensaba que iso era totalmente imposible de conseguir.

“ Sí, dixo o vello, vou levalo ao Museo dos Oficios Galegos . Ali, ten dous camiños, ou se decide por un deses traballos ou remata sendo freire ou crego”.

A muller respondeu:

“ Ai meupai, onde está ese museo? Qué é, un Seminario?”

O pai respondeu con retranca:

“Parece mentira que non saibas de que falo! Ti sabes, e moi ben, onde é Begonte. Pois ali, cando naciches, ainda nin andabas, fuches coa túa difunta nai e comigo para que nese Nadal recibirás o segundo bautismo, a bendición do ceo e da terra. Bautizo no amor pola tradición e os valores pola nosa amada terra galega e as súas xentes; por iso, sabes Carmiña, eres unha muller de verdade”.

A filla quedou calada e proseguiu cos seus menesteres.

Pasados uns meses, cando xa as brétemas, ese misterioso e abraiante manto, avisaba de que Decembro xa chegaba e con el o Nadal; cando o avó se decatou de que xa inauguraran o Belén de Begonte invitou ao seu neto a ir con el visítalo no segundo domingo de Adviento.

O rapaz dixo que quería ir cos seus amigos de troula o sábado pola noite, pero que, o primeiro era, o primeiro.

Verdadeiramente que estaba no certo, pois pola mañá non había quen de sacalo da cama. Xa case era mediodía cando se ergueu . O avó recriminou a súa actitude, pero o mozo recordou que para el o primeiro, era o primeiro, disfrutar da noite.

Por fin, despois de xantar marcharon cara o belén. Cando estaban ás portas do Centro Cultural dixo o avó:

“ Eiqui empezará a túa nova vida”.

O rapaz encolleu os seus ombreiros, botou un sorriso e non comentou nada.

Cando entraron , en voz queda e agarimosa, comentou:

“ Mira con atención. Todos están facendo algunha laboura (zoqueando, pescando, lavando…). Este é o noso pequerrecho mundo. Está é a nosa Galicia en miniatura: pastores, aserradores, zoqueiros…..Escoita, no belén da vida todos temos unha humilde misión, un traballo ou traballos que facemos para ofrecelo ao Neno e aos nosos ancestros e, para que sirva de pegada imborrable para os outros, os nosos descendentes; por iso cada un ten que facer a ofrenda do seu . Eu, por exemplo, que toda a miña vida fun labrego, a primeira vez que estiven eiqui trouxen un sacho, logo á túa nai, agora te traigo a ti e… ti, qué traes?”

O rapaz non soubo que responder, pero o avó rematou:

“ Ti , traes as mans baleiras, como todos os preguiceiros e esmorgantes, pero eiqui, precisamente quen nada trae sairá con elas tamén cheas”.

O rapaz, ante as verbas do avó, non puido reprimir unhas bágoas dos seus ollos. O ancián, decatándose do efecto da súa conversa, calou. Pasado un intre sairon da man e tomaron camiño da súa aldea. Ao cabo dun rato o raparigo dixo:

-“ Avó, e que levamos? Dicias que tamén levaríamos algo”

O vello enfadado contestou:

-“ Infeliz, sempre pensando no material e tanxible! !Paréceche pouco o que levamos, a grandiosa ledicia e satisfacción deter os nosos ollos e o noso corazón cheos coa grandiosa e exemplar estampa do Belén de Begonte e sobre todo enchidos de esperanzas ”

Nada comentou o neno xa durante a viaxe de regreso.

Á mañá, cando se ergueu, o avó preguntou á súa filla polo mozalbete e esta
dixo:

-“ Marchou cedo e soamente comentou que xa, neste Nadal deixou de ser preguiceira carricanta, que ía irse xunto de Xoán, o carpinteiro, para ver si podía ser o seu aprendiz”.

O vello deixou escapar un suspiro moi fondo e , con el unha nova brisa percorría aquela casa porque estaba moi ledo, pois a ventá da vida do seu neto xa estaba aberta ao mundo. Logo exclamou:

-“ Xa podo morrer tranquilo!!”.” Gracias ao Belén de Begonte!”

Pasados os anos, aquel rapaz era un home adulto e no seu pobo traballaba como un ebanista afamado.

Na porta do seu obradoiro tiña nunha táboa a seguinte lenda:

“ Seguindo os consellos dos avós e o exemplo do Belén de Begonte faremos un mundo mellor”.

Ninguén preguntaba pola interpretación desa mensaxe, pero unha tarde de Noite Boa un cativo, que ainda nin siquera sabía ler, preguntou que había escrito naquela madeira. Pensaba que sería o nome do local .

O artesán respondeu:

“ É unha permanente felicitación e agradecemento.
A resposta poderás atopala sempre nas verbas do teu avó e na visita ao lugar onde recibirás a lección da vida, no belén de Begonte”.
Él é unha moi especial escola para aqueles que queren aprender as ensinanzas da terra ollando cara o ceo.
“ Orare el laborare” eiqui neste belén, no Nadal, é unha grandiosa realidade”.
Pol, Pepe
Pol, Pepe


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES