Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Escola Poética Chantadesa

miércoles, 13 de diciembre de 2017
Ler poesía, escribir poesía, ser poeta son actos de rebeldía. Porque de tódalas fontes nos choven doutrinas, imposicións, dogmas inquebrantables. Cáseque a única defensa que nos resta é a palabra.

Por fortuna, a voz dos poetas non é silenciable. A arañeira virtual, versos lanzados ó aire entretecidos polos fíos invisibles dun dvd na rúa, a sensibilidade de proxectos editoriais que se erguen contra vento e marea, recitais en locais nocturnos baixo o palio dunha bola de cristal, cabarés policromáticos e multiformes, un feixe de folios que alguén prende por casualidade dun caixón. Ainda que con esforzo e tesón, sendo incómodos unha e outra vez, hai múltiples plataformas para os vates contemporáneos. Que ninguén se desanime. Como non se desanimou o historiador, escritor e poeta chantadés Xosé Lois García que na pasada primavera ofreceunos un riguroso, detallado e en algúns casos xeneroso estudio sobre a poesía das terras de Chantada dende o século XII ate os nosos días.

Resalta Xosé Lois García o amplo paréntese de seiscentos anos que pasaron as terras chantadesas sen que se recollera poesía escrita.

Dende o trovador Xohán de Requeixo a Avelino Gómez Ledo. No libro de García inclúense un total de 23 poetas, dos cales soio dúas son mulleres, Ana María Gamallo e Raquel Figueiras. Tamén fai referencia os dous grupos familiares ou de parentesco tal e o caso dos Eyré – Xulio Eyré Lamas, Pablo Rubén Eyré e Xosé Manuel Eiré e tamén a saga dos Costa, Xavier Costa Clavell e os seus fillos Xosé María e Antonio Costa Gómez.

Un dos requisitos para tomar parte nesta publicación e a de ter un libro publicado e de cada autor foron escollidos cinco poemas por parte de Xosé Lois García de aqueles finados; o resto deulles preferencia os autores para a súa escolla. No libro, o autor recolle un pequeño historial de cada poeta así como un detallado análisis da súa obra, exceptuando o do propio Xosé Lois García. Eu brevemente suliñar que Xosé Lois e unha persoa cunha enorme curiosidade intelectual, poeta sincero e elegante e sen dúbida un dos escritores máis prolíficos de Galicia.

Eu quixera felicitar a Xosé Lois García, pola edición deste libro, pois se non fora pola súa teima posiblemente nunca se reunirían nun volumen os autores e parte das obras da escola poética chantadesa que considero importante e que forma parte da identidade e patrimonio dun pobo que sempre foi cuna de escritores, pintores, escultores e artistas e que non é doado topar noutros pobos do país. Xa para rematar suliñar que cada un de nós engada a súa minúscula faisca de luz, apertura para sentir e para ler, estar e deixar vivir, escribir. Con maiúsculas. E non querer máis. Nin consignas, nin censuras, nin modas, nin comercio. Non ter prezo nin desprezo. Eu desexo para nós o principio insubmiso do pracer da creación e da lectura, que flúa todo, que todo se permita e disfrute, anque sexa nunha lingua que sofre unha continua asfixia.
Rodríguez Porto, Ramón
Rodríguez Porto, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES