Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pescados e carnes do futuro

martes, 24 de julio de 2007
O pescaso escasea e é moi caro, como se sabe, especialmente polas mortes que o mar esixe para permitir arrebatarlle os seus mellores froitos.

A moderna técnica deu en pasar parcialmente do mar e criar – entre laboratorio e granxas- peixes de todas as clases e familias, desde as troitas ós rodaballados e linguados. Non saben o mesmo, pero son moito máis baratos, o mesmo de nutritivos, hainos en cantidades industriais e non cómpre esquilmar o mar para conseguilos.

E agora, a carne. Xa se consegue en laboratorio carne de vaca, porco ou cabrito (ou similar), co que se superarán tódolos pudores dese moderno franciscanismo que mira mal o sacrificio de animais para o consumo.

No pescado hai moito camiño andado, e xa hai unha importante industria traballando no sector. Na carne, polo de agora, son puras especulacións e ensaios. Ese será o futuro, pero no presente – en ámbolos dous sectores- Galicia ten moito que dicir, e unha cantidade moi importante da poboación galega está implicada directa ou indirectamente no abastecemento destes productos de primeira necesidade.

Que nos espera ese futuro, pode ser. En tanto, disfrutemos do presente, no que o pescado e a carne de Galicia teñen sona en todo o Estado e máis aló, e deso debemos beneficiarnos todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES