Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Romeo e Julieta: unha historia de amor

viernes, 08 de diciembre de 2017
Unha historia de amor en Vigo. Aínda que non sexa a historia de Romeo e Xulieta, o amor e a paixón entre os dous namorados parécense. Un Romeo e Julieta: unha historia de amorgalego Xosé Antonio Regueiro de Nogueira de Ramuin, nado onde o rio e o Sil atópanse e Yaniris Pena dominicana, nacida en Vila os Almazigos (Santiago Rodríguez), protagonizaron un romance digno dunha película de amor.

Coñecéronse no bar Mus do Calvario (Galicia) no 2012. Como se di popularmente, un flechazo. Xosé estaba divorciado mentres Yaniris tamén estaba na mesma situación. Ambos padecían a síndrome “da soidade”. Non dubidaron de xuntar as súas vidas. Ela como tantos miles de inmigrantes carecía do permiso de residencia. Esta situación obrigou que Yaniris tivese que regresar ao seu país. Pero o amor todo fíxoo posible.

Xosé non dubidou de viaxar a República Dominicana e casarse con Yaniris. O problema comeza a xurdir cando intentan inscribir o casamento no consulado español neste país. As autoridades consulares de antemán consideraron o casamento como unha fraude de lei xurídico disimulado. Malia todas as probas a vice cónsul de España Ainoha Fabrega, toma a decisión arbitraria de denegar devandito casamento. Incluso cometendo un claro delito de prevaricación.

A parella durante cinco anos sufriu todo tipo de humillacións e discriminacións, nas dependencias españolas. Infinidade de veces Yaniris intentou conseguir unha resposta e terminou regresando á súa casa chorando. En dúas oportunidades Xosé reiterou o pedido de inscripción do matrimonio, tendo sempre unha resposta negativa. En todo este tempo os dous namorados sufriron todo tipo de consecuencias, tanto económicas como sicolóxicas. Yaniris sufriu unha trombosis con lesións faciales e un estado agudo de depresión. Mentres que Xosé recorreu aos medios de comunicación, a numerosos avogados, para denunciar a inxusta situación.

Neste último mes de febreiro Regueiro decidiu viaxar a Santo Domingo, para facer o seu último intento, para poder legalizar o casamento. Logo de volver realizar unha nova inscripción consular e fronte ás evidencias da legalidade do casamento, o vice cónsul Anxo Alvar Merino, tramitou positivamente a solicitude.

Desculpouse en nome do goberno español, dos erros cometidos neste caso. Sinalando que moitos funcionarios, actúan con prexuicio, rexeitando ao redor de catro mil inscripciones matrimoniales por ano. Regueiro manifestou que o vicecónsul español demostrou a súa gran sensibilidade e profesionalidade, ao recoñecer os erros cometidos polas autoridades consulares anteriores.

Yaniris, unha das deportistas máis importantes do seu país, ganadora de múltiples Medallas de Ouro en atletismo, sinalou que sente unha gran satisfacción por lograr que se fixese xustiza, recoñecendo no seu marido, a súa constancia e amor. Mentres Xosé Regueiro, mostra a súa euforia e alegría, porque a súa loita non foi en balde, esperando que nunca máis se repita unha inxustiza con outras parellas. Agora o matrimonio soña con ter o seu primeiro fillo.

Regueiro expresa con pesar, que os españois teñen pouca memoria. Porque foi a República Dominicana, a que acolleu a miles de emigrantes galegos, desde fins do século pasado, como así tamén durante o exilio español. Mentres que Yaniris soña con aportar a súa experiencia profesional ao atletismo galego. Romeo e Julieta, converteuse en José e Yaniris, unha historia de amor. Unha historia de película.
Pérez Leira, Lois
Pérez Leira, Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES