Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sacra Ribeira

martes, 21 de noviembre de 2017
Algo debe de estarse facendo ben na Ribeira Sacra para que este forte e fermoso anaco de mundo que Lugo comparte con Ourense estea tan de actualidade.

O último compás, por agora, desta cantata magna abrollou a pasada semana a través da TVE1, cando un programa de máxima audiencia – Master Chef Celebrity- apousou en plena Ribeira para facernos partícipes dunha aventura gastronómica que, percorrendo España, tivo no sur lucense espléndido lugar para falar e ver excelencias gastronómicas, paisaxísticas… paz e fermosura nun pequeño mundo incrible que os monxes medievais decidiron sacralizar pola auga, pola terra e polo viño.

Antes, un programa de Jesús Calleja xa nos tiña falado de viticultura heróica, de paisaxes imposibles, de traballos comparables aos de Hércules… e a novela gañadora do Premio Planeta 2016, “Todo esto te daré”, de Dolores Redondo, elixiu á Ribeira Sacra – vindo desde o lonxano Baztán- para desenvolver unha historia de amores e desamores, de intriga e fidelidade, de misterios e de viño nunha especial xeografía –física e humana- do sur lucense que a través desta novela se asoma xigante ao mundo literario como escenario histórico e lendario, o mesmo ca os seus viños fan que apareza en lugar de honra diante das xentes de todo o mundo que sente –sentimos- devoción polos viños con alma, recibida das uvas colleitadas con ledicia dolorosa en lugares inconcebibles, e dunha xente que traballa –sangue, suor, sorrisos- terras que ruben aos ceos.

Moito se debe estar facendo ben na Ribeira Sacra para un despegue tan vertical como os seus empinados bancais.

(Este artigo de Xulio Xiz, publicado en LA VOZ DE GALICIA o 14-11-2017, ven de obter o premio MONCHO DO PÍO, na súa XV edición)
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES