Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Anda e ségueme a Catalunya

lunes, 20 de noviembre de 2017
A mediados de setembro apunteime, como xubilado que son, nunha viaxe do Imserso para ir no mes de abril do 2018 coa miña marida oito días a Lloret de Mar . Apetecíanos moito ir porque descoñecíamos esa provincia de Girona que un amigo nos dixera que era a a máis bonita de Catalunya. As augas estaban xa quentes nesas terras pero aínda non entraran en ebulición.

Agora despois dos feitos ocorridos enterámonos que cantidade de xente, e supoño que entre ela estarán moitos xubilados galegos, déronse de baixa penso que máis que polo medo ou preocupación propia, polo que lles inculcaron os medios de comunicación empeñados en denigrar a Catalunya ata conseguir excomulgala das rutas do Imserso cando sempre foi unha das máis solicitadas. Que si manifestacións, que si cortes de estradas, que se falaban en catalán, que si separatistas, en fin tan malos que non pagaba a pena de gozar dunha costa maravillosa, do museo Dalí en Port Lligat xunto a preciosas vilas como Cadaqués e Figueras, ou visitar as ruinas arqueolóxicas romanas de Empuries, os entrañable pobos medievais como Besalú e outros moitos, admirar o interesante lugar de Castellfollit de la Roca dunha singularidade única, e visitar a propia Girona, pasear polo seu casco antigo, a xudería, contemplar as casas colgantes do río Oñar e tantas cousas máis. Manifestacións? pero se en Galiza hainas a diario, por unha fábrica que se pecha, polas traballadoras de Inditex, polos da sanidade, polos estudantes, polos pensionistas, polos empregados da banca, polo o machismo, etc, etc, porén a vida segue cotidianamente.

Amigo xubilado, demostra que o ser vello non ten nada que ver con non ser intelixente, se ti mesmo e pensa por ti mesmo e non polo que fanche pensar os que fixeron da prensa e a TV unha farsa. Eu dende logo, se a saúde permítemo, espero pasalo estupendamente.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES