Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: 50 anos da Gutenberg

lunes, 06 de noviembre de 2017
Sabemos pola Prensa que o Centro de Artesanía e Deseño lugués expón unha réplica en madeira, da imprenta que revolucionou Europa, construída nos seus talleres, que non tardará en ser a terceira funcionando en España.Tras grande esforzo e dedicación, según o responsable do Obradoiro do Moble Artesán do Centro, que depende da Deputación, foi quen de levantar outra réplica no mesmo material. A peza exponse no espazo dedicado ó Obradoiro do Libro; pero quedan detalles que farán da obra artesana un valor de futuro.

A intención dos promotores é poñela a funcionar pois, “ só hai dúas semellantes en España, funcionando; unha en Urueña (Valladolid), pequeno pobo,do que se di que é o único do país que ten mais librerías(10) que bares, e outra na Comunidade de Madrid”; artiluxo alleo á era dixital na que vivimos.

A máquina, realizada con madeiras de castaño, pino e faia, será a peza estrela do obradoiro, a instalar no Servizo de Publicacións da Deputación, onde se habilitou unha sala para a presentación de libros. Pero esta Gutenberg non será só unha invitación para coñecer o Obradoiro do Libro; os responsables queren habilitar uns paneis e fotografías que detallen a historia do invento de Johannes Gutenberg a mediados do S.XV, que revolucionou a historia da Humanidade, e aproveitalas tamèn en visitas escolares e recorridos guiados.

O titular da información, en letra destacada, dí : “Lugo presume de imprenta Gutenberg”, e remata: “Cando se consiga poñer en marcha o atefacto, a bó seguro Lugo e a súa artesanía seguirán na vangarda”.Obxetivo logrado en Foz hai pretiño de 50 anos.

A nova que precede servíu de acicate á nosa depauperada memoria, lembrando que hai ese tempo se presentara aquí, obra dun focego, a que foi a primeira réplica en madeira da Gutenberg, realizada en Galicia. Era o ano 1970; o que suscribe fora nomeado presidente da Comisión de Festas. No desexo de introducir no programa un número cultural, e ó tempo popular, pensou na que podería ser unha magna feira de artesanía, con unha importante novidade: os artesáns traballando á vista do público, modalidade da que seríamos pioneiros.

O certame feiral, por suxerencia de Díaz Pardo, chamouse “Feira de Arte Popular Galego”; o seu fillo Xosé diseñou o cartel anunciador; Sargadelos, que apenas levaba dous anos cos seus productos no mercado, montou un chamativo stand, así como a Ciudad de los Muchachos (Benposta) unha macro-instalación, con preto de medio cento de artesáns; unha espléndida mostra da rede galega de Teleclubs.

O pintor lugués Luis G. Pacios, que naquela cidade impartía crases a un nutrido grupo de alumnos, fixo con eles unha moi atractiva mostra e un feixe de artistas individuais completaban a que foi a feira artesana de entidade nunca coñecida polos nosos pagos.

De todo o contido da mesma o mais sorprendente fora aquela Gutenberg de madeira que, con tipos tallados no mesmo material imprimía á vista do público. O artífice desta obra sorprendente fora Xosé Díaz Fernández, a quen todos en Foz coñecíamos por “Pepe de Burón”, cuxas dotes artísticas eran tamén amplamente recoñecidas.

O artista focego, na soedade do seu fogar, e cos mais rudimentarios medios, adiantouse medio século á iniciativa do Centro de Artesanía da Diputación de Lugo, na confección en madeira e o funcionamento do invento que revolucinou a humanidade.

(Suso Fernández é Fillo Predilecto e Cronista oficial de Foz).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES