Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Mago entregou a palabra

sábado, 04 de noviembre de 2017
Quén ia sementar soño,
inquedanza e liberdade,
axitar os corazóns e
tender lazos de amizade?
.............

Esta estrofa forma parte do “Himno ao Mago” que lle compuxo Anxo F. Currás coa letra de Amalia HERMIDA e a colaboración musical dos seus amigos.

O mago era, Xosé Manuel Carballo, o crego da Terra Cha, Carballo “o Mago”, un home que, sin sabelo foi o rapeiro, estilo galego, máis coñecido de Castro de Rei, de Mondoñedo, Lugo, de Galiza porque a radio e ate o televexo, difundiron os seus contos, irónicos, satíricos, fortes, mais non ferintes. Carballo recollía os problemas propios e alleos e compuña os contos, contos sí, pero máis reais que ninguén pode supoñer.

Denunciou temas da sanidade, de convivencia social, da educación, dos avellentados e dos novos, da muller, políticos cos que chegou a enfrentarse evitando enfadarse. As persoas non somos iguais, nin somos perfectas, e temos dereito a equivocarnos, pero a nobleza está en ser coerente co que se practica, en ser leal ás ideas que defendes. Eso é ser un bon home, Carballo foino.

Foi unha persoa xenerosa hasta chegar aos extremos, él daba do que menos tiña, que é a doazón máis valerosa, daba o seu tempo. Regalaba horas e horas para axudar aos demáis, en verano ou inverno, percorría camiños, e rozaba algunha que outra glorieta, ao regresar as noites de invernía á súa casa.

Moitos dos que lean estas liñas, saben muito máis ca mín de Carballo. Por eso, corto e paso a falar por derradeira vez co mago, que fixo magia máis difícil que esto.

Boas noites Carballo, son Rosa, a tua cuñada, xa que un día decidiche que así tiña que ser, porque tí tratabas a Anxo como a un irmán, logo eu era a tua cuñada, todo un honor. Teño que comentarte que estou un tanto contrariada, decidiche “enmudecer”, sen avisar. Tí, que falache primeiro polos codos, e máis tarde por un tubo, e, nos últimos tempos en lugar de comer, falabas, e falabas, e falabas, agora deixáchenos coa palabra vibrando no vento.

Que saibas que non nos sentimos sós, as túas gracias e fantasías aledan moitos momentos tristes e depresivos. O teu empeño por facer proxectos e escribir artigo, tras artigo, cunhas forzas mermadas, cunhas debilidades que semellabas máis un espíritu que un corpo, dan luz aos que fuxen das tebras, incluso polo día. Ese mal que che fixo ter que volver a aprender a falar, a comer, a respirar, permanecerá na nosa lembranza, fino, sutil , acochado entre as neboas da Terra Cha e a Corda de Mondoñedo.

Xa me despido, pero volveremos a vernos, aí, por esos espacios reservados aos bos e xenerosos, e non é que vaiamos a entrar por méritos propios, senon porque tí loitache para que coupéramos moitos máis. Agradezo terte coñecido.O Mago entregou a palabra
Cal, Rosa
Cal, Rosa


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES