Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As vellas San Lucas

miércoles, 11 de octubre de 2017
Cada outono, dende hai séculos, Mondoñedo vóltase lugar de cita para milleiros de festeiros e feirantes de diversos puntos de Galicia, e de fóra dela, atraídos pola singularidade dun evento prestixado ó longo dos tempos: as súas feiras e festas das San Lucas. O engado da ancestral cidade engaiola a quen se chega a ela co espíritu disposto e a sensibilidade receptiva para captar a mensaxe histórica que, desde un desusado silencio, emana das vellas pedras que labraron os seus canteiros; dos sons dos músicos insignes ou dos versos apaixoados dos seus egrexios poetas. Dí Alvaro Cunqueiro, no seu “Merlín e familia”, que é ésta unha cidade sonada polos seus bispos e polo cabalar das San Lucas; e dí tamén que é rica en pan, en augas e en latín.

Pero chegadas As San Lucas a cidade amosa unha nova dimensión :o xentío, festexeiro e barullador invade as rúas e Mondoñedo, cal vella e paciente matrona, acolle no regazo amoroso a cantos chegan a ela, na procura dunhas xornadas de solaz, vividas na compaña dunhas xentes ás que a longa historia investíu de fidalguía e do don da xenerosa hospitalidade.

As feiras das San Lucas, en boa medida, conservan o feitizo dos vellos feirais e seguen a ser ocasión para mercar os mellores productos da horta e os dos seus tradicionais artesáns; mantén o engado da personalidade diferenciada, e cada outono mariñán celebra o mais importante evento festeiro,comercial e social nas seculares feiras e festas das San Lucas; das que, confirmando a súa antigüedade, diremos que son 55 anos mais vellas que a catedral de Santiago.

(Suso Fernández e Fillo predilecto e Cronista oficial de Foz).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania