Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

500 medidas nun Plan de Reequilibrio

miércoles, 27 de junio de 2007
Xa o nome de Reequilibrio é toda unha declaración de principios.
Mais , muito me temo que poida ficar apenas niso. Se revisamos o seu obxectivo:


Non entendo como se pode planificar iso sen ter en conta PARA NADA o ferrocarril.

Seguirei reclamando ate ficar cansa ou rouca un camiño de ferro ida-e-volta, Lugo- Santiago. Un Camiño de ferro ida-e-volta Monforte- Lugo.Un camiño de ferro ida-e volta Lugo –Vigo, e , como consecuencia Lugo-Oviedo.

Non me vale como desenvolvimento sustentable continuar a investir en autoestradas. As autoestradas poden ser boas, porque facilitan as comunicacións entre localidades afastadas. Mais teñen o seu duplo gume. Xa na súa construción prodúcese un excedente de CO2, que no seu uso increméntase aínda más. A maioría dos seus utentes son automóbiles privados. Cada vez que o coche pasa de 100Km/hora a produción de CO2 increméntase en proporción ás 2/3 partes do seu consumo medio (ese que figura na documentación do coche). As autoestradas non facilitan as comunicacións entre as pequenas vilas como as nosas, e favorecen o abandono dos poviños que fican fora do seu ámbito .

Os camiños de ferro na Galicia utilizan AÍNDA locomotoras a diésel. Nada disto se di nas 500 medidas. Teñen máis de 30 anos de existencia e só fican funcionais na Galicia. No país que é unha potencia en produción eléctrica. Os transportes por ferrocarril representan a única alternativa coherente có cumplimento do acordo de Kioto e coa loita contra o cambio climático.

Para alén do esquecemento, grave, dos Camiños de Ferro da Galiza Os aínda non nomeados CAFEGA (coidado coas siglas....!), existen outras eivas nas 500 medidas.Cito:


Como se pretende facer isto, despois de arrasar o círculo lítico da Mourela?. Dous anos parada a autoestrada coa xustificación das escavacións arqueolóxicas , para acabar por meter as máquinas no mesmo día do medio ambiente de 2007. Ou despois de arrasar o castro de San Cibrao para urbanizar a illa ligada a terra por unha pequena estrada. Ou despois de LEGALIZAR AS CANTEIRAS DO COUREL de La Campa, como xa ten denunciado repetidamente ADEGA.

Aínda non está reparado todo o desastre urbanístico deste verao, en que eivas herdadas da anterior administración Fraga, submetidas as cheas e choivas de fins de agosto sofreron os rigores da natureza. Non o esquezamos, esta sempre reclama o seu lugar. Mas súfreno especialmente os pobres. Aínda non vimos no cárcere aos responsables daquela desfeita, nen da desfeita do Prestige, nen de nungunha desfeita ambiental provocada pola má administración dos bens públicos.

Terá que ser a sociedade a que repare os danos provocados pola especulación e o lucro privado. Ou sexa os pobres a pagar as desfeitas dos ricos.

Outra cita:

A intención é boa. Eu subscrebo ese mesmo obxectivo. Mas é incompatible có estado actual das infraestructuras. Mentras existe un tren TRD ( Diesel) entre Coruña e Vigo cada 30 minutos mais ou menos (19 cada día), só existen 2 entre Lugo e Coruña, até Monforte. En Monforte a vella locomotora a Diesel de mais de 30 anos que vale para os galegos, ten que ser cambiada se o tren vai camiño da Meseta, por outra moderna, catenaria á electricidade, consumindo gran parte da electricidade que se produce nos nosos montes a custo de ocupar Rede Natura con aeroxeradores, nos nosos ríos afogados polos encoros, ou nas centrais térmicas máis contaminantes de España (as Pontes ou Meirama). Esta operación leva cerca de unha hora.. sic.

Cando escoito falar do AVE, aínda considerando este tren como importante, sen que antes teña existido unha rede de camiños de ferro galega penso naquelo de non ter pan e andar a comprar postaliñas. Neste plan falta os pes postos realmente no país.

Porque falta o máis importante: facer que as comunicacións sexan realmente sociais, sostibles , prácticas, integradoras do territorio, baratas, e unha cousa importante:
O transporte non é unicamente para nos comunicar cós de fora. Tamén é necesario, imprescindible para nos comunicar entre nós. Non é só para nos comunicar con Madrid. Tamén é importante comunicarnos có norte (Asturias, Cantabria, País Vasco, e Franza) ou có sur ( Lugo, Ourense ,Portugal etc.) Convídolles a que intenten ir en tren a Salamanca, desde calquera cidade da Galicia.

O aillamento da Galicia interior é unha eiva que afecta ao seu desenvolvimento. Lugo é unha cidade que foi considerada estratéxica polos romanos. Sen tren que a comunique fica condenada a perder o camiño do progreso que van tomar outras vilas de Galicia. Logo xa non terá hipótese de desenvolvimento.

No Plano de desenvolvimento fica tamén outras eivas importantes que será motivo doutra análise como a planificación do tratamento dos residuos: descentralizada, incluíndo a compostaxe e a reciclaxe.

En resumo: O traballo é bón, mais adoece de eivas graves que teñen muito a ver coa concepción de desenvolvimento sustentavel que implica un desenvolvimento endóxeno, o consumo perto da produción, ou o aforro enerxético nomeadamente nos transportes.

É a primeira vez que se fai un acercamento científico e integrado ao problema do desenvolvimento da Galiza. Por iso é unha látima que non apostase polos Camiños de Ferro interciti, como o instrumento modernizador , integrador que a Galiza interior precisa. Tampouco contempla unha moratoria das canteiras a ceo aberto para parar a destrución gratuíta das nosa montañas. Estas dúas poden ser eivas fundamentais para que estas 500 medidas fiquen afectadas do que en Ciencia se chama factor limítante.

Faltando ese factor os demais non actúan.
Figueroa Panisse, Adela
Figueroa Panisse, Adela


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES