Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempo de setas

lunes, 02 de octubre de 2017
A chegada do outono trae a campos e montes a presenza dos cogumelos e con eles o valor novo que aporta a sempre exuberante e dadivosa natureza. Decimos o de “novo” porque se é verdade que sempre existiron, non o é menos que ata hai pouco mais dun par de décadas, e polo que ó noso contorno se refire, a poboación dáballes as costas, ás que a tradición demonizou, e mesmo a linguaxe popular os nomeaba “pan de cobra”.

É certo que as setas teñen o seu risco e que non deben consumirse como alimento sen a selección previa que distinga as comestibles das que non o son: a inxesta indiscriminada pode resultar nociva para a saúde, mesmo con resultado de morte.

A xente non estaba pola labor e o mais doado era prescindir delas. Esta actitude, sen embargo, mudou, en parte debido o empeño das entusiastas colectivos de aficionados que desenvolven un papel transcedental, espallando os coñecementos referidos ó mundo das setas con actividades didácticas, a través de saídas ó campo, acompañados de expertos que os instruen nos coñecementos precisos, obviando todo risco en consumo tan placenteiro; charlas, degustacións, etc.

O movemento micolóxico en Foz tivo de valedor a Constantino Mariño, Xefe da Oficina de Extensión Agraria e no seo da Peña O Lar, niño entón de actividades culturais, sociais e benéficas, nacían “Os Bolouros” o ano 1978.

Non tardou o colectivo en acadar prestixo e popularidade; daí que no ano 1987, os micólogos focenses foran designados pola Federación Galega, responsables da organización da que era a IX Semana Micolóxica de Galicia, que foi realizada con esplendor. Con tal motivo Correos editara un selo conmemorativo.
Aquela efeméride trouxera á nosa vila aos mais prestixosos micólogos de Asturias e Galicia.

Neste tempo de setas acude á nosa lembranza, con especial agarimo a personalidade singular de Mariño e a gratitude polo seu traballo de tantos anos, a prol da actividade micolóxica en Foz, onde quedou inesquecible recordo da súa estadía.

(Suso Fernández é Cronista oficial e Fillo Predilecto de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES