Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

San Rosendo, a gran figura de Galiza!

sábado, 23 de junio de 2007
San Rosendo, a gran figura de Galiza! LEMBRANZA festiva. Con Ano Xubilar incluído, varias exposicións e publicacións,
ampliación de museos en dúas vilas (Celanova/Mondoñedo) e Congreso Internacional itinerante están a se desenvolver diversos actos cos que a diocese de Mondoñedo e Ourense celebran os mil cen anos (XI Centenario) do nacemento de San Rosendo (26-11-907) o personaxe máis sobranceiro e sobresaínte de Galiza en toda a súa historia.



San Rosendo (entre outras cargas e dignidades, coma o de fundador e restaurador de cenobios e mosteiros) foi bispo de Mondoñedo, abade de Celanova, administrador de Iria/Compostela e gobernador (vice/rei) da Galicia daqueles tempos. Entre as súas obras e méritos sobresaen o ser o gran pacificador e mestre da vida relixiosa, cultural, social e política da Galicia do século X, chamado "o século de ferro da Igrexa"



Dos días 27 ao 30 desta mesma semana vaise celebrar o Congreso Internacional, baixo o lema: "San Rosendo: O seu tempo e o seu legado" . Participan os mellores
historiadores e expertos na historia e acontecementos da Galicia medieval, en
sesións interesantes de traballo. Serán sedes físicas do Congreso os principais e
mais interesantes lugares que foron testemuñas da súa vida/obra: As vilas de
Mondoñedo (Lugo), Santo Tirso (Porto-Portugal) e Celanova (Ourense). Un bo e
significativo tres pés como base do Congreso.



A diocese de Lugo súmase, física e virtualmente, a estes actos e a todas as
celebracións que aínda están pendentes. Por dereito propio. San Rosendo, ademais das súas longas estadías como estudante e bispo na zona de Mondoñedo tivo moito que ver tamén con outras zonas da diocese lucense. Abonda son subliñar hoxe, as zonas de Paradela e de Portomarín. Por alí andou e deixou a súa forte pegada de neno, de estudante, de bispo e de abade nos vellos mosteiros de San Salvador, Santa Cruz e Santa María de Loio (Paradela) e tamén na propiedade que seus pais posuían no que aínda é hoxe Santa Mariña (Portomarín), onde estaban situados o mosteiro de monxas e a basílica que eles mesmos fundaran (e reformaran despois) con moito agarimo. As restauracións materiais e espirituais destes mosteiros foron asumidas polos seus pais, o Conde D. Gutiérre e Dna. Ilduara Eiriz, por encargo da "Asemblea de magnates, bispos e abades presididos por Sancho Ordóñez e Alfonso IV", o día 23-12-927. Nesa xuntanza histórica, estaban seus pais e Rosendo (de 20 anos) xa como bispo de San Martín de Dumio (Mondoñedo) xunto cos de Lugo, Oviedo, Astorga, Iría e outros abades de sona. Abondan fermosas e ricas historias. E documentos que acreditan os feitos. Diso falaremos noutra ocasión.

Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES