Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cousas que non entendo de Cataluña

jueves, 14 de septiembre de 2017
Andan tolos os cataláns esixindo a indpendencia da súa nación e eu non entendo iso de nación catalana, porque os libros que estudiéi de Historia falaban do reino de Aragón, do Condado de Barcelona, da Guerra de Sucesión entre Austrias e Borbóns, pero non dicían nada de que aquelo era unha Guerra de secesión, por exemplo.

Debe ser unha peculiaridade do idioma. Conócese que non lin os mesmos libros que Carol Rovira ou Puigdemont. Non hai nada mellor que un político coma profesor de Historia para que cha mixture con ideoloxía e, dise xeito, argallar unha serie de dereitos e agravios comparativos que os meus miolos non acaban de ver.

De todos é sabido que Cataluña goza dunha privilexiada situación xeográfica que lle facilita enormente o seu comercio; ningunha dubida temos do carácter emprendedor dos cataláns, fenicios ao fin e o cabo;calquera pode ver o seu grado de desenrolo económico e a expansión dos seus negocios (recórdese, por exemplo, a industria conserveira galega); no vivir diario podemos observar influencia do seu peso no resto do País, xa sexa nas posibilidades laborais ou a mesma industria cultural. Negar o evidente é poñerlle antiparras de madeira á vida.

Ahora ben, que nos digan aqueles os que o réximen franquista mimou con fortes inversións, que España os rouba, non deixa de ser unha falacia coma a das súas clases de Historia. Franco, que amén de asesino, non era parvo, en vez de practicar unha política de desenrolo igualitaria para España, acolloouse diante dos cataláns e vascos, e decatándose do seus espiritus emprendedores mantívoos como privilexados.

Outro exemplo, mal que nos pese, a naval ferrolán. Franco non practicou unha política igualitaria nin creou as condicions precisas no resto do Pais para que os hoxe charnegos poideran vivir en Andalucía, Extremadura ou a mesma Galicia. O que o Dictador fixo unha e outra vez foi claudicar ante o empresariado catalán e vasco con apoios precisos, desde carreteras ou hospitales por exemplo, ata axudas á industria.

Estamos a falar dos privilexios que gozaron e gozan -léase por exemplo, foros vasco e navarro- a clases dirixentes de amba-las dúas comunidades e logo reconvertidos na Transición a partidos demócratas cristiáns coma Converxencia ou PNV.

Neste contexto, aqueles señoritos, donos da industria e controlando todo-los medios de producción, acolleron ós pobres do Pais, aos que bautizaron despectivamente coma charnegos, e puxéronos a traballar nas súas fábricas con maior ou menor fortuna -la pela es la pela non o inventeieu-.

Amáis diso, emprenderon a súa “envanxelización nacional “ enseñándolles a bailar a sardana. Por certo ¿ninguén ousa dicir o que pensa dil? A mín recórdame o corro da pataca. Tamén poden aprender os nacionalistas charnegos, aleccioados como están por isa tropa de independentistas, a importancia do caganet, como se inventou a señera ou rutas de senderismo para coller cogumelos.

Os independentistas máis fanáticos teñen, coma Puigdemont, a avoa en Xaén. Ata os hai marroquís. Todo sea por Wifredo o Velloso.

Toda isa hiperidealización do seu – falso nacionalismo- non agocha outra cousa que unha idea económica: non contribuir ás arcas nacionais. Sí agora, que eles levan a locomotora do País, graciass á solidaride e o conformismo do resto das comunidades, queren irse gozando de carrreteras, universidades, hospitales, privilexios fiscais e infinidade de prebendas é porque teñen unha enorme deuda económica de bono basura - froito das ousadas contas dos Pujol e cía- e que tratarán de endosarlle ó resto dos españois. E reclamarán deudas, cartos para as pensións, seguir vendendo en España… e tragaremos, porque son así de acolloados os nosos mandatarios.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES