Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembrando unha copla

miércoles, 13 de septiembre de 2017
Nestes derradeiros días de folganza antes de iniciar un novo curso, dediquei algún tempo aos amigos e ao bo comer. Estas sobremesas acostuman a ser un momento ideal para facer gala da identidade persoal e da propia historia. Unha ocasión especial produciuse nas Canteiras, en Antas de Ulla, cos meus amigos Cuba, Sinda e a miña madriña. Nesta ocasión, empezamos a lembrar os contos dos vellos e as coplas que nos transmitiron. Por sorte, as dos meus avós téñoas recollidas en papel e a ben gardadas nas dúas memorias (na propia e na dixital).

No fluír da conversa lembrei unha copla que sempre me chamou a atención; di así:

No 31.
Non haberá falangista ningún.
No 32.
Nin cura, nin monxa, nin dios.
E no 33.
Todos falarán inglés.

En primeiro lugar, hai que mencionar as baixas calidades proféticas do coplista evidentemente anónimo.

En segundo lugar, destaca o feito de que esta copla reflicte (no ano 32, que non no 31) a antítese do que pensaba meu avó e a xeración a que pertence, con profundas conviccións relixiosas. Non en tanto, tiñan un humor que facía que se permitisen a caricaturización de si mesmos, o que nos indica a capacidade de verse dende fora e rirse de determinadas actitudes sen deixar de practicalas.

Lendo e escoitando a persoas que se dedicaron a recoller literatura popular, compróbase que moita xente é reticente a transmitir determinadas coplas por un medo herdado dunha ditadura que protagonizou unha boa parte da súa vida. En cambio, meu avó falaba libremente e nese falar transmitía historia e sabedoría. Esta copla vennos a dicir que dalgún xeito o sistema non deu silenciado a nosa esencia popular; por iso, optou pola vía da caricaturización no seu grao despectivo que é a ridiculización. Saíulle mal porque o pobo galego é un pobo profundamente ceibe no que a conciencia se refire; por iso, como dixo Novoneyra dirixíndose a Galicia “senón cantas polo erguido asubías polo baixo”.

Todo o que me deixou meu avó, todo o que nos deixaron os avós indica que somos un pobo ceibe que transitou os séculos escuros e a longa noite de pedra saíndo intacto. Cómpre recordar a nosa historia e facela identidade cantándoa polo erguido.

Cómpre, tamén, lembrarlle aos amigos da prohibición e da castración que por moito que fagan nunca conseguirán que deixemos de asubiar polo baixo para ser sempre quen somos...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania