Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Obrigas da Ofrenda

viernes, 15 de junio de 2007
POR COHERENCIA. Sexamos católicos/as ou non. Galiza está presente en Lugo nas persoas que ostentan o poder civil e eclesiástico e van repetir un feito que dura xa 338 anos: a Ofrenda a Xesús Sacramentado. ¡Que debe ser adaptada! O aceite das lámpadas da seo luguesa, debe ser reconvertido, hoxe en día, en pan/comida para os pobres .

Este ano correspóndelle esta honra ao alcalde de A Coruña e ao arcebispo de Santiago. Con eles, os alcaldes das sete cidades do Antigo Reino, os bispos/abades e os dirixentes das administracións galegas. Coa riqueza actual da diversidade de cores políticas.

Vanse proclamar (e escoitar) frases solemnes, declaracións de boas intencións e mesmo peticións. Como se quixesen descargar a responsabilidade en Deus. Está ben confiar, pero deben ser eles os primeiros en asumir a obriga de “dar de comer a todos/as” Ou sexa, facilitar pan, traballo, cultura e facer real a igualdade de oportunidades.

Datos (Cáritas): En Galiza, 400.000 persoas, en risco de pobreza. 130.000 fogares. O 14% do pobo. Delas, 34.000, en pobreza extrema. Un de cada 8 pensionistas é pobre. En Lugo, 15.000 familias no limiar da pobreza ( 4.700 na cidade de Lugo, o 18% do total). Datos (INE): En Galiza 275.234 vivendas desocupadas...e centos de irmáns/ás, sen teito, durmindo nas rúas. Este ano morreron varios. En soidade, de fame, de frío,

Acabar coa inxustiza é tarefa humana. Principal e primeira obriga dos gobernantes. Para iso foron elixidos. ¡Temos sen repartir/compartir o pan multiplicado dabondo.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES