Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Supoñamos

viernes, 08 de septiembre de 2017
Supoñamos que os cataláns tomaron a opción da independencia unilateral, tan extrema, incluso suicida, totalmente decididos a conseguila como sexa ou morrer no intento, dito alegoricamente claro.

Supoñamos que conseguen celebrar, dalgún xeito, o referéndum de secesión.

Supoñamos que formulan a desconexión catalana e resulta que teñen amañados todos os mecanismos correspondentes á administración, economía, política, cultura, sociais, fiscais, educativos, sanitarios, seguridade social, pensións, etc, para funcionar con efectividade nun estado repúblicano independente.

Supoñamos que o goberno da Generalitat ignora os mandatos do estado español e comeza a gobernar de seu, sabendo perfectamente que os Mossos D´esquadra están ao seu seu servizo de seguridade e non pode haber detencións pola súa parte.

Supoñamos que o goberno estatal utiliza todos os medios legais para impedilo con inhabilitacións, multas, encarceramentos, incluso chegando a anular a autonomía.

Supoñamos que se inicia unha desobediencia civil en base a que a actuación do goberno central resúltalles inadmisible e saen á rúa un millón de homes e mulleres desarmados e pacíficos invadindo os puntos neurálxicos de Barcelona impedindo as detencións.

Supoñamos que ao goberno central o único que lle queda para salvagardar as súas leis é a presión física e polo tanto decide enviar ás forzas armadas nas súas diferentes versións para rematar coas súas vulneracións.

Supoñamos que se inícia masivamente pola cidadania catalana unha “revolución amárela”, como fixeron os ucraínos a revolución laranxa ou os árabes as súas primaveiras que derribaron aos seus gobernos, e póñanse diante das forzas policiais ou militares..

Supoñamos que loxicamente as forzas armadas non disparan pois están creadas para facelo contra outros uniformados armados inimigos e non contra civis desarmados amigos.

Supoñamos que hai centos de xornais e TV de todas partes ollando e dando as noticias a todo o mundo.

Supoñamos que Kosovo amolado porque España non o recoñeceu como estado independente, como si fixérono outras nacións europeas e de todo o mundo, recoñece a Catalunya, e con este precedente anima a algún que outro país latino-americano, asiático, ou africano tamén a recoñecela, e postos xa, que Rusia amague con recoñecela para poñer nerviosa á Unión Europea.

Supoñamos que toda esta situación de militarización de Catalunya provoque movilizacións populares por toda Europa de protesta e a favor dos cataláns.

Supoñamos que á vista dos acontecementos Merkel e Macron decidan tomar cartas no asunto e falen con Rajoy para buscar unha solución que non sexa humillante para ningunha das partes.

Entón, se todo ou caseque todo isto sucede, que saída hai?

Pois vexo soamente unha. Que o parlamento español legalice o referendum catalán, como fixo o Reino Unido no caso de Escocia, co cal salvagardaría a súa legalidade estatal, realícese un novo referéndum en perfectas condicións e que Rajoy ofreza unha novena á virxe dos desamparados para que gañe o voto non á independencia, tamén como en Escocia.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES