Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cousas incribles

martes, 05 de septiembre de 2017
O que lle vou contar, benquerido lector, é tan certo como que, polo visto, a CIA alertou a policía catalá de que había indicios de que algo nada bo ía acontecer nalgún lugar ateigado de xente da denominada cidade condal.

Debido á numerosa poboación da miña comarca que nalgún intre das súas vidas emigrou ós Estados Unidos de América, teño eu varios amigos e amigas -incluso algún familiar- que ou ben son cidadáns americanos malia levaren décadas residindo en Celanova ou que conservan aínda a dobre nacionalidade porque comparten tempadas aquí e en Nueva York.

Pois ben, non lembro se a mesma noitiña do atentado, se dous ou tres días despois, compartindo o tempo de lecer no privilexiado espolón da nosa Praza Maior arredor duns refrescos, igual que fixo vostede ou calquera outro cidadán español que non estivese pasando as vacacións en Plutón, acabamos cuestionando e respondendo a algunhas das ducias de preguntas que a todos se nos viñeron á idea naqueles días e que, nalgúns casos, aínda están sen responder.

Foi nun momento dado no que unha amiga que este mesmo mes estivo en Madrid arranxándolles os pasaportes americanos ós seus fillos pequenos, que nos contou que de cando en vez recibía algunha mensaxe con distintos avisos dende a embaixada, participándolle determinadas recomendacións, caendo na conta de que había tan só unhas semanas que recibira unha que lle aconsellaba estremar a atención se lle cadraba andar por "zonas de aglomeracións ou que tiveran especial incidencia turística", lembrando -repito mentalmente a conversación- que algunha outra semellante tamén lle tiña chegado coincidindo máis ou menos con algúns dos últimos atentados que tiveron lugar noutras cidades de Europa, sen alcanzar a concretar naquel intre cal deles fora.

O certo é que o feito de que a conversa fluíra no ámbito da intranscendencia, fixo que a información que a miña amiga nos acaba de fornecer non pasara do grao mínimo de anécdota, malia que, dado que eu non son moito de crer nas casualidades neste tipo de cuestións, gardeina na "carpeta" da memoria recente co obxectivo de, na seguinte ocasión propicia, pedirlle que me ensinara a críptica e casuística mensaxe para poder sacar conclusións. Desexo que se me incrementou agora que sabemos que noutro nivel moi diferente de comunicación resulta que algo sospeitaban os servizos USA de información.

Si. Xa sei que o que estou contando pode parecer incrible, pero, tal e como lle indiquei ó principio, é tan certo coma que mañá deberá saír o sol.

Ora ben, interpretarmos se é froito da casualidade ou non, é algo que dependerá do grao de inxenuidade co que teñamos sido programados cada un de nós.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES