Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Defendamos á adolescente

jueves, 31 de agosto de 2017
Defende-los dereitos das persoas, é de xustiza.
Neste caso quero defender á adolescente porque a vexo discriminada no tocante á moda.

A todos nos gusta ir á moda.
Xa din alí: “a moda non incomoda”
Pero hai modas e “modas”.

Hai modas que son prácticas, cómodas, saudables e anatómicas sen deixar de ser elegantes.
A min paréceme que a moda que se prece, non debería estar reñida coa saúde, nin coa anatomía feminina e -tampouco– coa elegancia.

Pero hai “modas” que me dan que pensar e poño en dúbida que sexan prácticas, cómodas, saudables, anatómicas e elegantes

Hai certas prendas femininas que:
-Non tapan o que teñen que tapar.
Hai partes do corpo que son íntimas, non son de dominio público, penso eu.
-Non respectan a integridade física da adolescente para que poida desenvolverse con liberdade de movementos na vida diaria.
-Non son cómodas porque van rozando partes íntimas.
-Non son anatómicas porque non gardan o espazo regulamentario para a osixenación de certas partes do corpo feminino.
-Tampouco penso que sexan saudables.
-E - por moito que digan- tampouco as vexo elegantes.

Aínda me dá que pensar se non serán un foco de infeccións cando se comparten asentos na casa, na escola, na universidade, nos transportes públicos, nos restaurantes, nas igrexas, nas consultas médicas…

¿NON SERÁN UN FOCO DE INFECCIÓNS?

O problema é que “están de moda”:
-O mundo da moda ponllo moi difícil á adolcente e á súa familia á hora de comprar porque tódolos modelos van “escasos”; como se as fábricas de tecidos non deran feito.
E os prezos non se quedan curtos.
¿Paradóxico?

EU NON QUERO PENSAR MAL, PERO PARÉCEME QUE DESTA MANEIRA ESTAMOS DISCRIMINANDO EN SENTIDO NEGATIVO A INTEGRIDADE FEMININA, A PROPIA DIGNIDADE FEMININA DESDE ESA IDADE TAN BONITA COMO É A PROPIA ADOLESCENCIA.
¿Non estaremos creando escravitude feminina con relación á moda?

Dáme moita pena que sexan precisamente as adolescentes as máis perxudicadas.

Que as mulleres en idade adulta, vistan como mellor lles pareza; admítoo, alá elas; pero que se “xogue desta maneira ” coas adolescentes non me parece axeitado.
-Defender á adolescente non é só darlle unha boa preparación para que poida defenderse na vida.
-Defender á adolescente é respetar a súa integridade tanto física, como psíquica como espiritual.

Sinceramente: non me gusta esta maneira de proceder coas adolescentes:
-Elas non comprenden o que se esconde detrás desta maneira de vestir.
-Elas teñen as homonas en plena efervescencia, como é natural.
-Elas queren ir á moda, queren presumir; pero…
¿Non se pode ir á moda de maneira máis discreta?
¿Non se pode presumir por outras razóns que non sexan exclusivamente derivadas do sexo?

A min paréceme que a adolescente é moito máis que eso:

A ADOLESCENTE É UNHA CRIATURA DIVINA –IGUAL QUE O ADOLESCENTE - QUE TEN RAZÓNS MÁIS QUE SUFICIENTES PARA ESTAR GUAPA E SER ATRACTIVA SEN SER UNHA ESCRAVA DA MODA NIN DO SEXO.

Porque a ADOLESCENTE é un ser humano e como tal ten dereito a ser feliz sen ser escrava nin da moda nin de ninguén.
Pero…
¿ONDE ESTÁ A FELICIDADE?

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas a tódalas persoas que defenden os dereitos das adolescentes no tocante á maneira de vestir.

Moitas grazas ás persoas que saben valoralas polo que son, non pola vestimenta desproporcionada.

Moitas grazas, tamén por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES