Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Persoas que fan cousas maravillosas

jueves, 24 de agosto de 2017
É unha mágoa que os medios de comunicación non falen máis a miúdo das cosas maravillosas que fan a maioría das persoas.

Tódolos días, a tódalas horas, tanto de día como de noite; hai persoas que están facendo cousas maravillosas.

Persoas ricas, persoas pobres, persoas con estudios, persoas sen eles, persoas xoves, persoas anciás, persoas do norte, persoas do sur, persoas do leste, persoas do oeste…
Persoas que manteñen o mundo a flote.

¿CANTAS COUSAS MARAVILLOSAS FAI UNHA NAI PARA TRAER UNHA CRIATURIÑA A ESTE MUNDO?
Moitas, moitísimas.
¿Non é de suma importancia o melagre da vida?
Claro que si; por eso hai mulleres que se arriscan a ter fillos aínda que se expoñan a non ser readmitidas non traballo que tiñan con anterioridade.
Esas mulleres teñen moito mérito.
E os homes que as apoian e comprenden; tamén.
E as empresas que lles conservan o posto de traballo e as readmiten, tamén.
Non é que fagan nada de máis, pero face-lo correcto; non sempre é habitual.

¿CANTAS COUSAS MARAVILLOSAS FAI UN PAI DE FAMILIA QUE ACTÚA CON RESPONSABILIDADE?
Ademais de cumprir co seu horario laboral fóra da casa, aínda reserva tempo para:
-Colaborar nas tarefas do fogar.
-Coidar co esmero o benestar da súa amada esposa.
-Interesarse polos deberes escolares dos seus descendentes.
-Arranxar os desperfectos do fogar.
-Facer a compra en moitas ocasións…
Os homes que así o fan, son conscientes do seu rol na familia.
Fan feliz á súa esposa.
Dan exemplo á descendencia para que fagan outro tanto.
Son persoas maravillosas.

¿CANTOS DOCENTES SE DESVELAN POR DAR UNHA BOA INSTRUCCIÓN?
Practicamente todos:
-Levan deberes para a casa.
-Se desviven para alcanzar un bo nivel académico.
-Fan cursos e máis cursos para reciclarse e aprender novas estratexias educativas.
-Sofren con frecuencia a incomprensión de moitos pais e nais.
-Loitan incansablemente para evitar na medida do posible futuros delincuentes.
¡CANTO TERÍAMOS QUE AGRADECERLLE A ESTE COLECTIVO POLO SÓ FEITO DE QUE NOS ENSINARA A LER!
¿Qué sería de nós se non souberamos ler nin escribir?
A nosa vida non sería o que é. ¿Verdade que non?
Son persoas como todas, pero como teñen por “mestra” á propia infancia, SON PERSOAS ESPECIAIS QUE MERECEN O MÁXIMO RESPECTO E A MÁXIMA CONSIDERACIÓN.

¿CANTO FAI POLO NOSO BENESTAR O PERSONAL SANITARIO?
Para valorar a saúde, non hai palabras.
A saúde ten un valor incalculabe.
Sábese ben cando estamos a piques de perdela
As persoas que consagran as súas vidas a aprender o complicado funcionamento de cada recuncho do organismo humano; fan cousa incribles.
Os milagres, fainos Deus; pero moitas veces sérvese dos coñecementos e das mans do personal sanitario.

¿QUÉ DICIR DO COLECTIVO DE AGRICULTORES E GANDEIROS?
Grazas a el, temos abundancia de alimentos..
Traballan de sol a sol, á intemperie case sempre.
Os que traballan debaixo do mar de plástico; non o teñen máis doado.
Grazas ó seu esforzo; de sementes diminutas, xermolan grandes plantas que dan froito abundante.
Son os colaboradores directos da enerxía divina que fai saír a vida de debaixo da terra.
OS LABRADORES FAN COUSAS MARAVILLOSAS

Todos estes e outros moitísimos:
-Bombeiros.
-Panadeiros.
-Periodistas.
-Varrendeiros…
-OS CORPOS DE SEGURIDADE SON OS NOSOS ANXOS DA GARDA TODO O ANO, PERO ESPECIALMENTE EN MOMENTOS DE SUMA DOR E TENSIÓN., QUE CONMOVEN Á HUMANIDADE.
Fan cousas maravillosas e non saen nos medios de comunicación, nada máis que cando os incendios son incontrolables, o pan non chega á mesa, o lixo invade rúas e prazas, OU CANDO SE PRODUCEN ATENTADOS TERRORISTAS…
Os que si saen nos medios de comunicación son os da moda.
Saen a cotío nas pasarelas a lucir as súas creacións, aínda que a veces teñan moi pouco de prácticas, cómodas, saudables e anatómicas.
A moda aprovéitanse de tódalas idades, pero de modo máis acentuado da adolecencia, principalmente da feminina.
UNHA MANEIRA MÁIS DE FACER DISCRIMINACIÓN NEGATIVA COA MULLER DESDE A PROPIA ADOLESCENCIA.
A MIN, ESO DÓEME.

Deberíamos defender e respectar moito máis á ADOLESCENTE.
“DFENDAMOS Á ADOLESCENTE”
Este será o título do seguinte artigo.

Antes de despedirme, quero darlle as grazas, porque sei que –sexa cal sexa o seu rol na sociedade- estou convencida que deixa feito moitas cousas maravillosas.
¡E as que seguirá facendo!
¡Por moitos anos máis!
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES