Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cartas a Antón: Críticos

miércoles, 13 de junio de 2007
Meu amigo Antón:
Este curso xa vai rematando e xa se acepta de boa gaña o descanso. Por riba, vai calor e as ideas están líquidas en exceso.

Cando viña cara a Lugo, pensaba eu no coche de que che podería falar hoxe. E non sei por que se me veu á cabeza que ven de publicar unha novela o meu amigo Pau-lo Naseiro, un rapaciño que escribe ben, e o seu relato tira pola lectura. Seino, porque esta novela, polo menos na súa primeira versión, eu tíñaa lido, xa que daquela eu formaba parte do xurado que a premiou no Certame Literario do San Ramón. Asegúroche, Antón, que ti non has pasar sen tentar lela, e a min paréceme que, aínda que che leve o seu tempo, hala de ir rematando por gusto. Así que me apropio da túa palabra para xuntala coa miña e darlle, ambos, os parabéns ao autor. E tamén á súa muller, María Xosé, compañeira asemade do arte literario, que seguramente non deixou de influír na novela do seu marido, aínda que só fose a darlle azos para traballar.

Quero aludir hoxe a un amigo que atopo de cando en vez nas beirarrúas de Campo de Puente. Refírome ao coñecido como Pepe do Cacharreiro, un home comedido que adoita falar con calma e con moito senti-diño das cousas que lle gustan do noso pobo, e, con esa mesma calma, non deixa de cri-ticar aquelas outras moitas das que non se sinte tan satisfeito. Ti, Antón, xa me tes fala-do del como unha persoa que che cae moi ben, e eu non deixei de comprobalo sempre que temos ocasión de nos ver con tempo dabondo para falar demoradamente. Pois ben, hai xa un par de noites que me comentou un asunto no que eu non me tiña fixado.

Tratábase de que no Rañego, ao pe mesmo do remate do paseo fluvial, puxeron unha chanta gorda de lousa onde cravaron unha placa de bronce cunha lenda que resulta estraña e pouco clara, de tal xeito que ao meu amigo Pepe non lle comprace nada vela alí. Preguntoume se fora cousa do Instituto de Estudos Chairegos e eu non lle souben contestar pois ignoraba mesmo a existencia dese monolito. De xeito que, ao día seguinte, ache-gueime por aquel lugar e decateime de que, efectivamente, non era cousa do Instituto senón da Fundación Manuel María, dirixida polo crego Alfonso Blanco de Guitiriz que ten alí, no Muíño do Rañego, a súa sé social. Pois ben, esta Fundación outorgou un premio ao escritor lucense Paco Martín no vixésimo aniversario da publicación dun seu libro, o máis importante, no que conta as aventuras dun tal Lamote. Trátase dun libro fermoso, moi ben escrito e de moi doada lectura, que paga a pena ter lido e telo no recordo.

O que acontece é que a lembranza, tal como a puxeron naquela placa do Rañego, resulta inintelixible para quen non estea no allo do asunto como lle acontecía ao noso amigo Pepe. E de feito, cando che falei a ti, Antón, deste asunto, tamén ti me dixeches que non entenderas nada. Espero que agora che quede claro tal como lle quedou ao Pepe do Cacharreiro despois de explicarllo antonte no noso paseo. Terán que a modificar, e eu heime encarregar de llo dicir aos responsables.

Pero, con ocasión desta anécdota, estivemos a falar do importante que resulta ser críticos e aplicar a crítica para que as cousas funcionen mellor. Porque ser crítico non é, como moitos pensan, ser un amar-gado que lle di a todo que non. Iso é ser imbécil. Ser crítico e tratar de aplicar a nosa racionalidade para ver se nos encaixan as cousas que vemos nas nosas razóns. Ser crítico é razoar. Podemos trabucarnos, claro, pero o que é crítico atende sempre a razóns, para afirmarse no que pensaba ou para cambiar de pensamento cando nos explican as cousas con outras razóns máis fortes.

E ti xa sabes, Antón, porque moitas veces o temos comentado, que un pobo non avanza, ou avanza pouco, cando non hai espírito crítico como acontece hoxe na nosa vila. De no ser así, como se pode entender que as nosas autoridades, ao longo dos anos, permitiran facer esas barbaridades urbanísticas ás que temos que nos adaptar mal que nos pese. Se o pobo, nós mesmos, os vilalbeses, foramos minimamente críticos, é dicir, críticos con cabeza, con razóns, cres ti que volverían gobernar os mesmos?. Pero xa avanzaremos, claro, porque, aínda que houbo un certo número de mocidade nas nosas aldeas, e mesmo na vila, que lles deron o voto, a min non me cabe dúbida que algún día entrarán polo camiño do saber e han cambiar, como van cambiando noutros lugares e noutros concellos máis rurais e con máis aldea que o noso.
E por hoxe nada máis. Cóidate como é debido.
García Cendán, Bernardo
García Cendán, Bernardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES