Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Feira do libro en Foz

viernes, 11 de agosto de 2017
A “XXXII FEIRA DO LIBRO DE FOZ inaugúrase o vindeiro día 17 do actual, ás 6 da tarde, nos xardíns Conde de Fontao, cunha exitosa andaina anual, no eido da promoción da cultura, que nacía en 1983 coa incertidume e as dúbidas sobre o seu futuro.

O temor non era infundado pois localidades de maior entidade e tradición cultural, non foran quen de mantelas e algunhas sobreviven a trancas e barrancas, faltando a diversas edicións.

Non foi éste o caso que nos ocupa pois, de contado, acadou sona e prestixio, e convirtiuse no certame libreiro mais importante entre os que se celebran nas vilas de Galicia; non faltando, en tan longo período de tempo, a unha soa cita.

Naquela 1ª ocasión fora o seu pregoeiro o laureado escritor viveirés Ramón Pernas, entón xove director da editorial Espasa Calpe e, en días sucesivos, intervira Ramón Villares, de quen Alianza Editorial acababa de publicar a “Historia de Galicia”,que falou dela; Jorge Victor Sueiro, prestixioso xornalista e gastrónomo, disertando sobre a nosa cociña; Isaac Díaz Pardo, entón director de Sargadelos, sobre “ Castelao e a Guerra Civil”, e don Xosé Trapero Pardo, escritor e xornalista, ex-director de “El Progreso”, que se referíu á controvertida figura do Mariscal Pedro Pardo de Cela.

A Feira de 1994 tivera de pregoeiro ó insigne escritor Xosé Neira Vilas, o autor do libro mais lido da literatura galega: “Memorias dun neno labrego”. Ao pouco chegounos carta súa na que, entre outras cousas, decía:”Volvin contento de Foz. Había moita xente na inauguración, firmei moitos libros e recibín moi cordiais atencións. Teño estado este ano en varias feiras e a de Foz foi a mais concurrida, mais incluso que as de Santiago e Ferrol, no acto da cerimonia inaugural. Libros sí firmo bastantes sempre, pero tendo en conta o volumen da vila e a poboación, en realidade foron moitos os que me puxeron diante. Todo, pois, moi alentador, moi estimulante, e quería decircho directamente.

A experiencia resultou francamente ben. Mais de 30 anos sen faltar a unha cita é todo un record.¿E o futuro?. Coma sempre, unha incógnita.

Por de pronto ésta de 2017 comeza con bó augurio, co pregón que corre a cargo do focense, prestixoso neurocientífico, Xurxo Mariño; cuxas coñecidas dotes e simpatía, nas súas intervencións públicas, fan del persoeiro sempre desexado, por claro e ameno expoñente. Por outra banda as presentacións e firma de libros, de grande actualidade; concurso de debuxo; actuacións musicais e sempre o marco de gran beleza no que se celebra o evento, garanten a asistencia a él de numeroso público, como ven demostrando a longa experiencia.

(Suso Fernández é Cronista oficial e Fillo Predilecto de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania