Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A necesidade tamén educa

jueves, 10 de agosto de 2017
Son unha persoa que lle gusta aprender das persoas que vai atopando polo camiño a vida.
Todas me ensinan moito:
-AS PERSOAS NECESITADAS ENSÍNANME A TRABALLAR ONDE SEXA CON TAL DE PODER APORTAR UNS CARTIÑOS PARA O SOSTEMENTO DAS SÚAS FAMILIAS.
Moitas destas persoas –especialmente mulleres e nais de familia- son extranxeiras que se gañan a vida como EMPREGADAS DO FOGAR NO NOSO PAÍS.
Admiro a súa capacidade de sacrificio para acomodarse a outras familias, a outros costumes, a outra lingua, a estar lonxe dos seus…
¿Qué pensamentos pasarán pola súa mente?
Todo a cambio de poder mandar para o seu lugar de orixe os seus aforros.
A min paréceme que teñen moito mérito.
Pasan a mellor parte da súa vida, lonxe dos seus.
¡Que forte ten que ser eso!

-AS FAMILIAS NUMEROSAS, TAMÉN ADOITAN SER MOI RICAS EN VALORES:
-Desde a máis tenra infancia, teñen moita autonomía persoal.
-Os pequenos, aprenden dos maiores.
-Saben relacionarse con persoas de tódalas idades e condicións.
-Son sociables. Teñen moitos amigos.
-Tódolos membros da familia son moi importantes desde os bebés ata os anciáns.
-Saben compartir o que teñen.
-Son xenerosas e abertas.
-Á súa mesa sempre aparece algún extraño e sempre é moi ben acollido.
-Adoitan ser bastante felices.
¿Bonito, verdade?

ESTAS FAMILIAS FANME RECORDAR OUTRAS nas que:
-A infancia pon mil reparos á hora de comer.
-O egoísmo prima sobre o altruísmo.
-As capacidades de renuncia e sacrificio brilan pola súa ausencia.
-Malgastan máis do que gastan e nunca teñen abondo.
-Seleccionan as persoas coas que relacionarse por motivos socio-culturais.
-Teñen de todo e aínda non están felices

¿POR QUE SE DAN TANTAS DIFERENCIAS?
As razóns poden ser tan variadas como as persoas, pero por norma xeral está a “MESTRA DONA NECESIDADE”
A necesidade é un factor que pesa moito na educación das persoas.
No mundo que nos rodea atopámonos con moitas perosas que polas circunstancias que sexa – non imos entrar en detalles- vense obrigadas a adaptarse a condicións de vida moi dura.
Deberíamos concienciarnos do valor que teñen esas persoas.
Teñen os mesmos sentimentos que as que tivemos máis sorte na vida.
Sofren moito e moi silenciosamente.
Moitas veces son incomprendidas, cando non son ignoradas.
¿Qué pasaría se –por un tempo- nos vestíramos coa súa pel?
“BOTÉMONOS A IMAXINAR”.
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES