Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A billarda

jueves, 03 de agosto de 2017
Da cantidade de pancartas que se portaban na manifestación o día da Patria, a que me causou máis grata sorpresa foi a da Billarda, unha reivindicación dun xogo enraizado na nosa cultura dos nosos xogos tradicionais que non se deben perder senón potenciar porque recórdanos, na era da tecnoloxía dos xogos por pantallas, de onde vimos, quen eramos, quen somos e quen debemos ser. Perder as nosas raíces é esfarelarnos como pobo.

Pois ben, hai xa unha certa cantidade de xente en Galiza que fixo da billarda un símbolo tamén da nosa identidade. Comezou a súa recuperación formal fai uns 14 anos na mariña oriental e central, concretamente en Lourenzá e Barreiros e paseniñamente foi espallándose por máis sitios, de tal xeito que hoxe xa está estabrecida unha Conferencia sur e outra Conferencia noroeste que abrangue diferentes lugares onde celébranse torneos abertos ademais dunha Liga Nacional de Billarda e outro tipo de competicións.

Chegados a este punto comprenderase que o xogo tivo que regulamentarse en todos os seus aspectos para unificar as diferentes formas de xogar. Un xogo cuxo amplo léxico amosa a riqueza da nosa lingua, lipe, estornela, cachiza, billa…

O seu obxectivo é que chegue a considerarse como unha actividade deportiva e do xeito como están organizados hoxe parece algo normal se se lles ve xogar, eu vinos e hai auténticos expertos, o exercicio físico que fan é evidente e a súa regulación perfecta e cando agora fálase que queren converter algúns xogos con ordenador en deporte cando non hai que moverse dunha cadeira, parece unha incongruencia non aceptar a billarda como tal.

Pero na realidade que pintaba unha pancarta sobre a billarda nunha manifestación nacionalista? Pois moito, porque os seus representantes identifican totalmente este xogo coa nosa historia popular e recorren aos nosos numerosos literatos, antropólogos, etnógrafos, membros da Xeración Nós que recoñeceron este xogo como unha das nosas tradicións culturais lúdicas máis senlleiras. Así, a billarda forma parte tamén dunha Galiza de seu na súa vertente cultural que esperamos exténdase cada vez máis, como outros moitos dos nosos xogos tradicionis. Unha forma tamén de facer patria.

“Cantos xogos de billarda non vivín á sombra dos bidueiros”, dicía o escritor Agustin Fernández Paz.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES