Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O tempo dásenos de balde

jueves, 20 de julio de 2017
Co regalo da vida, regálasenos tamén o tempo de vida.
Non sabemos canto, pero sexa máis ou menos é tempo.
¡TEMPO!…. ¡Tempo moi valioso!

Tempo regalado de balde para que nós fagamos con el o que poidamos e consideremos máis oportuno.
-Dásenos un tempo para nacer.
-Outro tempo para medrar.
-Outro para traballar gañándonos o pan coa suor da nosa fronte.
-Outro para divertirnos.
-Outro para descansar.
-Outro para reflexionar.
-Outro para…

EN CALQUERA CASO TEMOS TEMPO PARA NÓS MESMOS E TAMÉN PARA COMPARTIR.

Dedicarse tempo á propia persoa é vital.
A caridade ben entendida empeza por un mesmo.
Se non temos tempo para nós, tampouco o teremos para os outros.
Pero se dedicáramos todo o tempo a nós mesmos convertiríamonos en auténticos egoístas, narcisitas...

Os avaros e huraños dedícanse todo o tempo para acaparar riquezas para eles mesmos e así lles vai.

O TEMPO TAMÉN SE NOS DÁ PARA COMPARTILO:
-COMPARTILO COA FAMILIA É O PRIMEIRO: sen compartir tempo no fogar, non se establecen os vínculos familiares axeitados.

Moitas familias de hoxe en día fallan porque non se dedican tempo: tempo para as relacións de parella e para os máis necesitados: infancia, enfermos e senectude.

-COMPARTILO COAS AMISTADES É O SEGUNDO: as amistades forman un piar moi importante nas nosas vidas.
Vivir sen amistades sería unha pobreza moi grande.
As amistades enriquécennos en gran medida.
Chegan alí onde moitas veces non chega a propia familia.

¿NON SE LLE TÉN DADO O CASO DE COMPARTIR SEGÚN QUE VIVENCIAS COAS AMISTADES ANTES QUE COA PROPIA FAMILIA?
Eu téñome encontrado con persoas que me contan algo moi íntimo antes a min que á súa propia familia.

Eu tamén comparto grandes confidencias coas miñas maravillosas amistades.
Teño moita sorte con elas.
As amistades son unha fortuna.
Hai que dedicarlles tempo.
¡Pobre do que non teña amigos!

-COMPARTILO CON TODOS EN XERAL, É O TERCEIRO: de todos se aprende e da persoa que menos te imaxinas, podes ter que depender.
¿Cantas persoas anónimas salvan vidas?
¿Cantas persoa anónimas nos teñen sacado dun apuro ó longo da vida?
Por estas e outras moitas razóns é moi importante concienciarse de que O TEMPO DÁSENOS DE BALDE E NON FAREMOS NADA DE MÁIS SE GRATUITAMENTE LLE DEDICAMOS ALGÚN TEMPO A OUTRAS PERSOAS.

Hai moitas persoas que necesitan que as escoitemos; outras que precisan dos nosos consellos, outras que as acompañemos…

Outras veces somos nós mesmos os que precisamos escoitar, recibir orientacións, ter compañía…
¿Non se ten encontrado algunha vez nesa situación?
Eu, moitas.
Todos nos necesitamos.

“TODOS NOS NECESITAMOS” será o título do seguinte artigo que comparirei con vostede se así o desexa.

Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES