Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mellor ciclismo que falsa política

lunes, 17 de julio de 2017
A semana pasada, tanto nos medios de comunicación como nos bares como nas oficinas como nas alturas como nas praias como nos carreiros como nas casas non se falou doutra cousa que non fose a homenaxe ou os actos que se levaron a cabo polo 20 aniversario do asasinato por ETA de Miguel Ángel Blanco.

Todo ese estrondo púxome nerviosísimo. Como sigo nervioso (e estando neste estado adoito dicir barbaridades), o mellor é falar doutro ou doutros asuntos. A tranquilidade acostumo atopala sempre na música, a lectura, o cine e o fútbol. Hoxe vou falar de ciclismo. Ale, para que vexan algúns que non todos os cerebros se atrofian co fútbol. O meu, hoxe, recoñézoo está completamente aparvado co ciclismo. Sempre o confesei: este deporte incluso me gusta máis có fútbol. O que pasa é que ó televisalo tan pouco (dous ou tres meses ó ano), porque non é tan masificado coma o deporte rei (isto si o recoñezo), pois é normal entón que se lle preste máis atención a Iago Aspas que a Alberto Contador.

Aínda non perdín ningunha etapa. Certo que en directo vexo poucas (a maldita viña!), pero si consigo velas en diferido por Teledeporte a altas horas da noite, que para min é como velas en directo, xa que procuro non fochicar no teletexto mentres estou coa película para non saber quen ganou a etapa do día. E vendo as etapas en diferido ou en directo, a adrenalina do meu corazón acelera cuns cantos latexos máis tan axiña como vexo esas pernas que pedalean, esas bocas abertas, esas pingas de suor que, esteticamente, baixan claras e gordas dun esforzo sobrehumano e descomunal.

Gozo máis coas etapas de montaña, pero o outro día vin como o alemán Marcel Kittel, estando practicamente encerrado no pelotón e lonxe dos de cabeza, en pouco máis de 500 metros, semellou un auténtico panzer para plantarse vencedor e con moita diferenza. Que forma de esprintar! Así é que... mellor ciclismo que falsa política.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania