Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Letras inconsistentes e retrógradas

miércoles, 28 de junio de 2017
No mundo de hoxe, a liberdade que nos proporciona internet fai difícil calquera tipo de censura e esta é unha boa nova para os que cremos que a democracia é o mellor sistema político que inventou a humanidade. Ademais, é o único que nos garante unha vida en plenitude, pero crer firmemente na liberdade de expresión non exclúe a necesidade de separar o grao da palla, de peneirar o bo e o malo.

Esta semana estiven indagando no escuro mundo do reggaetón e electrolatino e digo “escuro” porque case todo é lodo e é difícil chegar ás augas cristalinas. Para os que nos gusta recibir mensaxes e ideas son unhas letras totalmente inconsistentes e moitas veces carentes de sentido.

Isto non sería un problema senón transmitirán unha mensaxe de submisión machista que goza dun importante seguimento entre a xuventude. Polo tanto, semella que de novo volvemos a aquelas teas de Penélope que moi ben definía Forges nunha viñeta na que dous profesores reflexionaban sobre a súa función que practicamente se reducía a desfacer o que fixo a televisión o día anterior. Actualmente á televisión súmase internet e parece que determinados ídolos xuvenís entran na nosa vida como cabalos de Troia que destrúen o que levou tantos anos conseguir.

Cando unha adolescente acepta que o seu noivo lle impoña o xeito de vestir, cando acepta ser da súa pertenza, cando asume a obriga de collerlle o móbil... etc. Eses cabalos de Troia rebentan en milleiros de conciencias ansiosas de reproducir tempos grises.

O inconsistente vólvese retrógrado e serve de alimento aos inimigos da consciencia crítica. A partir de aquí todo vale...

Non podemos consentir que a fluidez comunicativa e estemarco de liberdade que tanto custou conseguir se convertan na canle perfecta para a invasión dos cabalos de Troia. Temos que combatelos coa educación, co diálogo, coa criticidade e como non! Coa poesía verdadeira.
Sobran cabalos troianos e faltan poetas... poetas de verdade, deses que no bater dos corazóns fan avanzar o mundo...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES