Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xaquín

lunes, 19 de junio de 2017
Cumprir oitenta anos non che é cousa calquera. Eufemisticamente, cando un chega a esta cifra, está de cheo na chamada terceira idade, definición que a min, que quer que lles diga, non me gusta nada. Primeira, segunda, terceira, tanto ten! O realmente importante é sentirse útil facendo o posible porque os demais sexan felices e os efectos colaterais da parcela do sufrimento deixen a mínima pegada. Nisto andou o meu amigo Xaquín Campo perante gran parte deses oitenta anos que agora cumpre, e un grupo de amigos reunidos baixo a denominación de “Ganduxando Vidas” veñen de facerlle un recoñecemento público en agradecemento desa entrega cara aos demais.

É posible que a Xaquín non lle agrade moito ser o protagonista desta festa con todas as miradas dirixidas cara á súa persoa, pero non hai que contradecir aos amigos e non tivo outra que se deixar levar.

Xaquín e mais eu somos amigos dende hai tempo cando coincidimos en tarefas sanitarias no PAC de Fene. Dixéranme que alí traballaba un daqueles cregos que chamaban “obreiros” que compaxinaba a tarefa de aliviar as doenzas do corpo coas do espírito. Axiña decateime do humanismo de Xaquín e fixémos boas migas falando sobre todo máis do humano que do divino, máis do cristianismo que do catolicismo, máis de axudar que de amolar , máis de practicar que de teorizar, en fin máis de humanismo que de materialismo. Así as cousas non foi dificil manter o noso dial en boa sintonía.

En Xaquín vin a un home entregado pola causa de axudar aos demais , a todos, pero fundamentalmente aos que máis o nesitaban. Viña de loitar na defensa dos traballadores en tempos moi difíciles onde ser demócrata e defensor dos dereitos humanos era un delito, e crego comprometido unha afronta ao sacro principio do nacional catolicismo. E aí estaba Xaquín xunto a outros cregos coma Cuco Ruíz de Cortazar, de indeleble recordo.

A bonhomía de Xaquín camiñaba e camiña xunguida ao amor pola terra que o viu nacer hai agora oitenta anos porque está xunguido a ela e porque forma parte dese pobo suburbial e mariñeiro do que fala Manuel Maria no seu poema “Idioma Meu”, idioma que Xaquín fala de cotío fuxindo da disglosia imperante na que unha fala avasalla á outra, sabedor do que significa como patrimonio, do preciso que é coidala e usala: así non morrerá.

Con todo este bagaxe é normal que a unha persoa se lle faga unha homenaxe e que se edite un libro onde os seus amigos manifesten o que opinan del . Alí estiven o día 10, en Narón, para cantarlle o “Cumpre Anos Feliz” porque Xaquín o merece e porque para min é unha honra poder contar con el como amigo. Abofé.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania