Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cinco días

lunes, 21 de mayo de 2007
Estamos na recta final do tema político máis importante de 2007, se atendemos ós calendarios establecidos, que veñen ser as eleccións municipais que decidirán os gobernos máis inmediatos a nós para os próximos catro anos.

Certo que pode haber no decurso do ano outros temas que inopinadamente xurdan atraendo a nosa atención, pero en principio as eleccións municipais marcan a vida deste 2007, e estamos vivindo as últimas horas dunha loita que debera cinguirse ás dúas semanas de campaña, pero en realidade dura exactamente catro anos, e o próxino luns comenzará a seguinte.

Nesta guerra onde o sangue que se derrama son verbas feitas promesas, enquisas e sorrisos, haberá varios Waterloo e algún Medulio, e haberá victorias que serán pausa para os vencidos e acceso á gloria para os vencedores, fume en fin.

Pero esa fumata, negra ou branca segundo quen a reciba, hoxe é misterio para a maioría, e os votos do domingo decidirán vidas e facendas, erguerán fortunas e partirán familias.

Así foi ata agora e así será no inmediato futuro. Cambiarán nomes para que nada cambie. Son cinco días para refacer o noso mundo. Pero non xurdirá un mundo novo, porque nós, e os que veñan, seremos os mesmos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Unha boa nova: Xa non se trata de que cada venres recibamos como un mazazo as disposicións...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania
Ourente Cultural