Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Premios Peña Novo e Xuíces Honorarios do Couto Mixto

lunes, 19 de junio de 2017
Teixeira de Pascoaes publicou no ano 1915 un libro titulado “A arte de ser portugués”, escrito para chamar aos seus compatriotas ao compromiso coa identidade. Nel afirma que ser portugués é unha arte de gran alcance nacional, e, por iso, ben digna de cultura, porque “o portugués participa da herdanza étnica, histórica ou tradicional, adquirindo así unha segunda vida que, por máis vasta, abrangue e domina a súa existencia de individuo”.Foi seguidor dunha filosofía que tivo moito predicamento na Europa do primeiro terzo do século XX.

Tamén o galeguismo dese período histórico participou dela para rescatar os valores identitarios esmagados polos Estados. Otero Pedrayo foi un dos afervoados defensores dese pensamento.

Nunha conferencia pronunciada en Buenos Aires en xullo de 1947, que foi seguida por unha multitudinaria concorrencia que aplaudeu con entusiasmo o seu parlamento, dixo que “ser galego non é beber un vaso de viño, tirar a chaqueta ao aire e botar un aturuxo; ser galego é algo moi serio, transcendente, nobre e elegante; ser galego é participar da creatividade dun pobo”.

Naquel tempo eran frecuentes os discursos apelando á responsabilidade dos galegos para que asumisen sen complexos a pertenza a un pobo cunha cultura diferenciada. Lois Peña Novo expresouno censurando aos que se consideraban cultos: “De nada vale que teñamos en Galicia homes cultos senón temos unha cultura galega. Eses homes cultos cando non teñen unha cultura nacional considéranse desleigados do seu pobo, superiores ao seu pobo, e convértense en elementos disociadores; mentres que os homes de cultura nacional son a forma reflexiva da conciencia popular”. Os primeiro –engadía- non aportarían ningún valor nin á Terra nin ao progreso humano, só os segundos serían os creadores.

As sentenzas de Teixera de Pascoaes, Otero Pedrayo e Lois Peña Novo inspiran o labor do colectivo Galeguizar Galicia (www.galeguizargalicia.com) que aglutina a varias asociacións que desenvolven as súas actividades en distintos ámbitos sociais e profesionais, extramuros do eido literario.

Unha delas, a Fundación Lois Peña Novo, recoñece cos seus premios anuais o labor de persoas e entidades que son exemplos de rexa galeguidade. Desta volta os elixidos foron: Dona Sandra Piñeiro, maxistrada do Xulgado de Instrucción número 2 de Lugo, que recibirá un deles pola súa firmeza no uso da lingua galega na actividade xudicial; don Xurxo Mariño Alfonso, Neurofisiólogo e profesor da USC por exercer a docencia o labor científico en galego; e a Asociación Cultural e Pedagóxica “Ponte nas Ondas”, polo maxisterio no ámbito trasnfronteirizo, unindo dúas culturas irmás. O acto terá lugar o día 29 do mes que andamos no castelo de Soutomaior.

Outra entidade, a Asociación de Amigos do Couto Mixto, celebrará o día 1 de xullo na igrexa de Santiago de Rubiás o seu tradicional acto anual. Don Valentín García Gómez, Secretario X. de Política Lingüística, don Alejandro Rubín, director-xerente de Expourense e a Eurocidade Monçao-Salvaterra de Miño, recibirán senllas réplicas dunha das chaves do vello arcón e os bastóns de mando que os acreditarán a partir de entón como Xuíces Honorarios daquel singular e histórico territorio, recoñecendo así as súas contribucións á construción do espazo territorial común da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal nas vertentes culturais e económicas.

(Xosé González Martínez é Presidente do Foro E. Peinador).
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania