Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As Asociacións

martes, 06 de junio de 2017
Nestes días participamos nunha xuntanza de asociacións da Terra Cha e da súa contorna e volvemos a sentir o entusiasmo destes grupos que sen medios económicos están a descubrir e protexer os bens culturais e medioambientais, unha paixón que os leva alimentando fai décadas. É unha mágoa que as administracións non sexan sensibles a esta teima do voluntariado, consolidado no rigor e na creatividade das e dos seus membros, tendo en conta que os recursos económicos destinados á cultura e ao patrimonio adoitan ser escasos. Ante esta febreza compre integrar esforzos a prol do noso pobo nun herdo no que todas as colaboracións son ben acollidas, o que transforma a realidade nunha fortaleza sorprendente. A historia recente acredita como a miúdo estes colectivos convertéronse na voz da conciencia das veciñanzas reivindicando os seus sinais de identidade, e comunicando o seu valor para a poboación con distintas actividades: rotas, cadernos, visualizacións, etc... Este compromiso cidadán non é baldío, estamos a descubrir unha fervenza de vida prodixiosa coma puidemos constatar nestes días nas Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros convocadas pola Asociación de Veciños e a Sociedade Deportiva. Acae maxistralmente o sentido da súa chamada: camiñar á par e provocar o diálogo e debate entre as xeracións que cadraron nas súas achegas: os contidos da guia de Xermade e o deseño das novas páxinas web. A sementeira das asociacións que inzan polo pais convida á participación de todas e todos no ben común nunha sociedade plural na que o mesmo planeta está en risco. É de loar que estes grupos adoiten estar acompañados e asesorados por investigadores e profesionais, por exemplo, do noso patrimonio, que arrequecen a súa vontade de visualizar a nosa cultura porque só o que se dá a coñecer pode ser valorado e mesmo fai medrar ao noso pobo en autoestima, tantas veces acomplexado polo asoballamento e colonialismo de estereotipos que só buscan consumidores. Este traballo de base, tripando o chan, alonga a vida das persoas e das súas raíces, e sobre todo crea o alento necesario para competir sanamente cos outros pobos do mundo. As crianzas van agradecer esta loita das asociacións mantendo vivo o herdo dos seus devanceiros, brindándolles ferramentas: documentación, audiovisuais, música.., que lles permitan navegar polo mundo coa emoción de sentirse protagonistas e siareiros do pobo ao que están axudando a construír.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES