Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Slogans para unhas eleccións

viernes, 18 de mayo de 2007
O día 27 vai ser crucial para cada concello, para todo o País, para todo o Estado.

Se cada elección municipal condiciona o porvir inmediato de cada concello, nesta ocasión moito máis por moi diversos motivos que van desde a tensión existente entre as dúas primeiras forzas políticas da actualidade, a cualificación de cuasi-primarias que se lles veñen atribuíndo a estes comicios, a posibilidade de cambio hacia un ou outro signo dependendo do movemento da parte do electorado que aínda ten sen decidir o sentido do seu voto.

Os partidos políticos xa fixeron público as súas armas verbais, a xeito de slogans ou lemas, iguais para todos os concellos. E eso non é bo.

“Confianza é futuro”, do Partido Popular pode ter a ambivalencia de estar na oposición ou no goberno… porque non compromete a nada. O futuro é confianza e desconfianza, o futuro hai que traballalo.

“Pensado para ti”, afirma o Bng, como mensaxe maís directa e persoal. As cidades, os pobos, os pequenos concellos, pensados para o votante. O votante deberá pensar no pobo para exercer o seu dereito.

“Faremos máis”, di o Psoe. Nos lugares onde goberna, vale. Onde non goberna, non tanto.

Os tres proxectís verbais son demasiado xenéricos. Tiñan que mollarse un pouco máis os políticos e usar slogans propios para o concello, mesmo para darnos a impresión de que non dependen dunha estructura supramunicipal.

Pero as frases electorais só son palabras. Os feitos virán despois. E despois, esqueceremos as palabras.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES