Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

María Mariño no Courel

martes, 15 de mayo de 2007
Hoxe, día das Letras galegas, é o día de María Mariño. Había xa tempo que o día non se dedicaba a unha muller.

Rosalía foi a primeira en todo. Tamén no día. Francisca Herrera Garrido nunca puido imaxinar chegar a tal honra. Quizáis tampouco María Mariño. Pero é moi bo que se lle recoñeza a esta muller escritora o seu papel naquel Courel aillado no que Novoneyra creou logo o seu reino poético.

Hoxe é un día grande para as letras galegas, pero tamén para Folgoso do Courel, por primeira vez protagonista dun feito que o lanza á primeira páxina de tódolos medios de información.

Para case todos os galegos, María Mariño foi sempre unha descoñecida. Aínda desde hoxe seguirá séndoo. Pero quedará a memoria desta muller que da aberta costa coruñesa pasou ó monte máis bravo da Galicia rural e montañosa onde se veu influída por unha natureza imposible de rexeitar, imposible de esquecer estando nela mergullada.

¡Feliz Día das Letras Galegas!, Galicia. Feliz día, María Mariño, poeta nosa, muller galega, que hoxe entras no Olimpo das nosas querencias e na historia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES