Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Burela: un alto no camiño

lunes, 29 de mayo de 2017
Viaxando pola Costa Lucense fácil é saber, mesmo sen coñecela, cando se chega á vila mariñeira e industrial de Burela: as altas chimeneas das súas industrias; o constante ir e vir de obreiros e medios de transporte das diversas empresas e, sempre a sirena dun buque á altura da carismática “pena Burela”, xemelga da nosa “do Altar”, son matices que delatan o lugar.

Burela, fermosa vila alzada sobre o duro pedestal do traballo cotiá dos seus moradores, fai un alto no contínuo laborar para festexar ós que son os seus excelsos Patronos, a Virxe Nosa Señora do Carme e San Xoan Bautista. Os homes burelese – sol, brisas e iodo nas facianas, por uns días esquecerán as duras faenas do mar para honrar a Aquéles que por eles velan nas difíciles singraduras, nos que iles confían.

Co mesmo afán; con idéntico entusiasmo e igual esperanza con que enfilan as proas das súas boniteras mar adentro, os bureleses lobos de mar vivirán estes días de festa en terra, porque en tódalas actividades, en tódolos quefaceres poñen sempre o corazón.

Burela é sempre e, de xeito especial nestes días, parada e fonda. Porque alí, onde todo é traballo, contínuo laborar; onde, como diría “Alvaro Paradela”, “cheira a pan”, desvía un anaco a que é a súa mais significativa traxectoria colectiva para abrir as súas portas de par en par. O carácter acolledor das súas xentes; o programa engaiolante das festas, o seu exquisito marisco,¡e como non!, a fermosura das súas mulleres, reclaman a nosa presencia e nós ,fieis á tradición, e amantes da “dolce vita”, acudiremos estes días a Burela, vila veciña e amiga á que admiramos e queremos. “Mariñeiros de Burela… ¡avante sempre!”.Publicado en A Rapadoira xuño 1962. Hai 55 anos.
-----------------------------------------------------
A revista, voceiro da S.C. Pena da Rapadoira que foi, durante un decenio, centro social e cultural do pobo.Publicación mensual, sacou á rúa, no ano 62, período da súa existencia, dez números; o derradeiro dedicado especialmente a un tema motivo de moita polémica: sí ou non á celulosa que se pretendía instalar en Fazouro. A redacción fixa, formábana: Pepe Beltrán; Luis Cordeiro; Angel Niñe Fraga; “Sinxelos”; Olimpia Pérez”; Mario López Couto;Pedro del Riego; Julio Ballesteros; Nós; Pepe Marful; “Jhonni” ; Lujilde, dende terras de Monegros; AlfonsoToimil; “Charín”; Eliseo Oroza, dende Madrid; Rufina Solveira;
Colaboradores: E. Chao Espina; Paco Jaureguizar; Lalo Veiga, dende Alicante; Jorge Víctor Sueiro, dende A Coruña; Daniel Hortas , dende Ourense; Alvaro Cunqueiro, dende Vigo; Xermán López Cao,dende Liberia- Suso Fernández (Director) VINDOIRO.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES