Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A privatización sanitaria

jueves, 25 de mayo de 2017
Os servizos sanitarios non son un gasto social insustentable, como repite o catecismo neoliberal. Pola contra, a sanidade pública é unha fonte de riqueza, de progreso e de coñecemento, ademais dun elemento esencial de integración social. O Sistema Nacional de Saúde (SNS), que se ergueu nas últimas décadas no Estado español, contribúe non só a manter a saúde dos cidadáns senón que aporta traballo e benestar a parte da poboación. Os servizos sanitarios representan unha parcela moi importante da actividade económica (o 40% dos orzamentos das CCAA dedícase a tal fin).

Existe unha forte tensión privatizadora, pois os poderes económicos ansían apoderarse desa partida do diñeiro público. Hai unha estratexia internacional para converter a sanidade nunha parcela de negocio. Desde o FMI, o BCE ou o poderoso Club Bilderberg (presidido polonobre francés Henri de La Croix de Castries ) os poderes económicos teñen posta a mirada sobre o SNS e manobran para facerse con el. No Estado hai plataformas (FAES, SEDISA, Club Gertech ) que repiten as falacias neoliberais (xa recollidas no Informe Abril en 1992): que a sanidade pública é insustentable, que a xestión privada é máis eficiente que a pública e que o financiamento debe ser público pero a provisión dos servizos debe ser privada.

Todos apuntan no mesmo sentido: os lobbies da industria farmacéutica e da tecnoloxía sanitaria e as empresas aseguradoras teñen moito interese en desmontar a nosa sanidade pública para convertela en negocio. O SNS está en perigo pois existe unha “estratexia deseñada e articulada por grupos poderosos que pretenden facerse cos fondos que o Estado destina á sanidade” (FADSP). Esta actuación depredatoria está sendo realizada coa complicidade do PP, que ten a moitos dirixentes imputados e a moitos outros como asiduos visitantes das “porta xiratorias” .En sanidade o PP actúa con todo rigor a favor dos intereses privados e está a executar unha contrarreforma sanitaria; desde o goberno central, coa escusa da crise, impuxo o infame RD 16/2012 que suprime o dereito á atención sanitaria universal e recupera a figura do “asegurado”; e nas CCAA (desde os inicios en Alzira -1999-, que agora está a ser rescatado) privatizou desde hospitais enteiros a extensas parcelas da actividade sanitaria.

Nos últimos tempos a conivencia dos poderes políticos e económicos impulsou novas ameazas para o SNS, que se suman ás xa existentes. A nivel global hai unha ameaza moi poderosa: o tratado de libre comercio (TTIP ) que, de aplicarse, abriría as portas ás grandes empresas do sector para apoderarse do SNS e podería deixar os litixios entre os Estados e as empresas fóra dos canles da xustiza ordinaria e nas mans de tribunais externos que actuarían, con toda certeza, a favor dos intereses empresariais.

A nivel local, e de forma moi intensa en Galicia, o PP actúa con rigor a favor dos intereses empresariais. A privatización da xestión de servizos esenciais e do I+D+i do Sergas está xa moi avanzada. O seguinte obxectivo son as Unidades de Xestión Clínica , que poderían significar a privatización definitiva do núcleo duro do SNS: a actividade asistencial. Pero esta contrarreforma sanitaria, argallada de costas da poboación e os profesionais, está infestada de conflitos de interese e de actuacións que bordean ou directamente infrinxen a legalidade, o que pode permitir a súa recuperación mediante a acción política e a loita cidadá. Non podemos permitir que desmantelen o SNS, elemento esencial do Estado de benestar.

http://pablovaamonde.blogspot.com.es/


http://www.nuevatribuna.es/articulo/sanidad/constantes-y-vitales-salud-y-medios-comunicacion/20160615081144129302.html

https://lamjort.wordpress.com/2015/09/14/conociendo-al-comite-directivo-de-bilderberg-henri-de-castries/

http://www.nuevatribuna.es/articulo/sanidad/privatizacion-sanitaria-libre-comercio-y-club-gertech/20140508091330103278.html

https://mesaendefensasanidadpublica.wordpress.com/2014/05/05/nuevas-vias-para-la-privatizacion-del-sistema-sanitario-informe-de-la-federacion-de-asociaciones-para-la-defensa-de-la-sanidad-publica/

http://www.nuevatribuna.es/articulo/sanidad/puerta-giratoria-sanidad/20140105124010099678.html

http://elpais.com/elpais/2017/03/30/opinion/1490895139_084339.html

http://www.nuevatribuna.es/articulo/salud/graves-consecuencias-ttip-sanidad-publica/20160307122028126166.html

http://www.sinpermiso.info/textos/las-unidades-de-gestin-clnica-al-servicio-de-la-privatizacin-sanitaria
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES